RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor sobe o ritmo con traballo táctico e fútbol reducido

O Deportivo subiu esta mañá o ritmo de traballo nunha dura sesión matinal na Cidade Deportiva.

Após un quecemento, Rubén de la Barrera dispuxo unha tarefa de posesión, un exercicio de finalizacións, un traballo táctico defensivo e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

A mañá arrancou na bancada de Abegondo, cun circuíto físico preventivo supervisado polo readaptador Fran Molano; tarefa que se volverá a repetir o sábado, no último día de adestramento desta semana sen fútbol.

Adestráronse á marxe do grupo Derik Osede; Celso Borges; Héctor; Lara, con molestias nun xeonllo; e Mujaid, que estará até mediados da próxima semana con adestramento específico no seu domicilio ao ser contacto cun caso positivo de COVID-19.

Os canteiráns Alberto, David Suárez, Dani Barcia e Sarmiento adestráronse ás ordes de Rubén de la Barrera. Adri Castro, titular e goleador onte co Fabril, realizou unicamente a primeira parte do adestramento.

Mañá venres, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 11:00 horas.