RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor traballa, de volta a Abegondo, en "ser nós mesmos" o domingo ante o CD Castellón

Despois da sesión de onte mércores en ABANCA-RIAZOR, o Dépor regresou esta mañá a Abegondo coa idea de "ser nós mesmos", tal e como apunta Mario Soriano, este domingo 4 de xuño ás 19:00 horas (TVG-2 e InSports.tv) ante o CD Castellón, na ida das semifinais do playoff de ascenso a Segunda División.

O futbolista branquiazul, en rolda de prensa esta mesma mañá, cre que a clave é "ter o control do partido, ter posesión e quitarlle o balón ao CD Castellón, que é un equipo que tenta facer cousas, que se atreve co balón".

Explica que a idea "vai un pouco por aí, lograr posesións longas para chegar á área contraria coas mellores opcións de poder finalizar e meter o gol".

O atacante branquiazul subliña que en defensa "hai que estar xuntos por dentro, apertar arriba como sempre o fixemos, buscar os erros do rival para esas transicións".

Con estas premisas, Rubén de la Barrera insistiu esta mañá nun exercicio de saída de balón e un partido tamén con elevada carga táctica. O traballo no céspede arrancou cun quecemento con roda de pases; e completouse cunha tarefa de posición e un último exercicio nos campos 2 e 3 co cadro dividido en dous grupos.

O internacional David Mella, como vén sendo habitual desde a chegada do adestrador coruñés ao banco de ABANCA-RIAZOR, foi o representante de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres 2 de xuño, Os Nosos están citados para almorzar ás 9:00 en Abegondo e saltar ao céspede a partir das 10:30.