RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor vístese de Etiem

O primeiro persoal do Deportivo posó esta mañana no Estadio de Riazor co traxe oficial da tempada 2009-10 realizado pola marca Etiem de Javier Cañás.  

A firma téxtil Etiem e o Real Club Deportivo chegaran a un acordo para que esta tempada, o deseñador coruñés Javier Cañás deseñase e uniformase ao persoal do Deportivo, establecéndose así unha colaboración entre dúas das entidades máis representativas da cidade.

O primeiro persoal lucirá un uniforme para os seus desprazamentos e eventos que se compón dun traxe navy-negro "slim fit" (entallado) en la con eslastán (fibra que lles achega confortabilidad e movemento). A camisa será branca, de algodón, con botón negro. Gravata de pa estreita en navy escuro, con topitos e escudo do club. Complétase este look cunha gabardina trench negra en sarga de algodón resinado de medio longo, tamén entallada, especial para auga e frío. Cinto e zapatos negros, por suposto, todo iso co estilo propio da marca: mozo, actual, confortable e moi elegante.