RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Monforte mantense fiel á súa cita cos DéporCampus Cabreiroá

Monforte mantense fiel á súa cita cos DéporCampus Cabreiroá posto que este ano alcanza, do mesmo xeito que Caranza, a súa 11ª edición.

O acto de presentación desta sede desenvolveuse nos campos do CD Calasancio situados na Praza da Compañía da citada cidade lucense.

Asistiron Juan Carlos Díaz, presidente do club monfortino; Carlos Fontal, Director Deportivo; Sergio Maurente, Coordinador do Programa Local da Fundación RC Deportivo; e Alberto Bonigno, Adxunto á Coordinación do Programa Local da Fundación RC Deportivo.

A actividade, en colaboración co CD Calasancio, desenvolverase nunha única quenda do luns 7 de xullo ao venres 11.

O prazo de inscrición para esta sede en deporcampus.rcdeportivo.es está aberto até o 1 de xullo ás 14:00.

Monforte é un dos 19 emprazamentos distribuídos ao longo das 4 provincias galegas que acollen a principal actividade social do RC Deportivo que chega a través da Fundación.

Está aberto o prazo de inscrición en deporcampus.rcdeportivo.es para o resto de sedes dos DéporCampus Cabreiroa 2025 excepto para Bertamiráns, o Colexio Santa María del Mar e Abegondo, xa esgotados. 

Este ano 2025 desenvolveranse, para participantes desde os 6 aos 14 anos (é dicir os nados de 2011 a 2019 incluídos), entre finais do mes de xuño e principios de agosto, independentemente do nivel de práctica ou experiencia futbolística.

Abegondo, Bertamiráns, Boiro, Caranza, Cee, Cuntis, Monforte, Ourense, Santa Comba, Sarria, Silleda, Terras de Maside, Vila de Marín e Zas; ás que este ano 2025 súmanse Lugo, Cedeira, Vilalba, Sada e o colexio Santa María del Mar son as localizacións nas que se desenvolverá a actividade en diferentes semanas do tres meses de verán.

Poden acollerse a descontos as nenas e nenos que participasen en edicións anteriores dos DéporCampus Cabreiroá e da Escola RC Deportivo; os socios ou accionistas do RC Deportivo; xogadores do Club; familias numerosas ou con máis dun membro en paro; familias que inscriban a máis dun fillo; e fillos e fillas de empregados de empresas colaboradoras de cada sede.

Os DéporCampus Cabreiroá empregan o método Dépor, impartido por adestradores do Club; e baseado no respecto polo rival, o xogo limpo e o esforzo.

Toda a información sobre cada sede, quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase en deporcampus.rcdeportivo.es, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto.

Así mesmo, os interesados en quendas que estean esgotados poden anotarse nunha lista de espera. Para iso deben mandar un correo a deporcampus@rcdeportivo.es cos seguintes datos: Nome e apelidos do participante, teléfono, correo electrónico e quenda/s semanal/ais nos que está interesado.