RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor xa loce Kukuxumusu

  O Deportivo e Kukuxumusu presentaron esta tarde na Deportienda un acordo de colaboración. A partir de hoxe mesmo, o Club comercializará camisetas diseñadas pola firma navarra e diverso material de merchandising. (llaveros, c

Ao acto asistiu por parte de Kukuxumusu Míkel Garraus, Director Comercial, quen explicou a simboloxía da camiseta, protagonizada por dous polbos ("un deles representa á afección, o xogador número doce") e unha centola; ademais da Torre de Hércules e o escudo do Deportivo. "Galicia é unha terra con moita cultura e irmá ademais de Navarra, todos do norte", indicou Míguel Garraus.

Por parte do Deportivo abriu o acto Pablo Pereiro, quen desexou moitos éxitos e unha longa colaboración entre o Club e Kukuxumusu.  Acompañados por José Luís Oltra, o tres capitáns (Manuel Pablo, Valerón e Riki) luciron as camisetas que se poden adquirir na Deportienda tanto física no Estadio de Riazor como online.