
DÉPOR · 27 XUÑO 2025
HELTON LEITE VE "UN PROXECTO AMBICIOSO" E A "TODA A XENTE CON GANAS DE FACER AS COUSAS BEN"
Helton Leite apunta que manterse en LaLiga Hypermotion foi "moi importante. Aínda máis vindo de 4 temporadas en Primera RFEF. Dá a estabilidade para poder seguir crecendo. Todos os días vexo un investimento moi grande en persoal, hai obras na Cidade Deportiva, en todos lados. Teñen un proxecto ambicioso e esa estabilidade de estar en LaLiga Hypermotion é moi importante para o que veña no futuro, para seguir crecendo e para ter máis ambición na seguinte temporada".Así pois, ve "un proxecto moi ambicioso, moitas obras, vexo toda a xente con ganas de facer as cousas ben. Están todos preocupados: 'temos un bo proxecto e imos facer ben as cousas'. Sentimos que aos poucos a Cidade Deportiva está a mellorar e nun par de anos estará a un nivel moi top".Cre que a temporada 2024-25 foi "unha montaña rusa. Empezamos a temporada mal, adaptándonos á categoría. Daquela o equipo equilibrouse un pouco. Logramos o primeiro obxectivo que era a permanencia, lográmolo con tranquilidade".Pensa que o ano foi "de moita aprendizaxe, e creo que o Club e todos en xeral van estar moito mellor e máis preparados para a temporada que vén".A nivel individual, o porteiro brasileiro confesa "gozar moitísimo. Foi unha temporada a nivel persoal de moito éxito. Ao comezo custoume un pouco, adaptándome, sen pretemporada tamén pero co equipo sentín cada día máis cómodo, cada día máis en casa. En ABANCA-RIAZOR sentíame como en casa e logo os resultados viñeron. Foi unha boa temporada e estou preparado para o que vén tamén".Finalmente Helton Leite destaca deste primeiro ano en ABANCA-RIAZOR a #ANOSAFORZA: "Tiven a oportunidade de xogar en moitos equipos, con moi boas afeccións tamén; pero a afección do Dépor é moi especial porque trátanche cunha normalidade moi grande. Son moi próximos pero moi respectuosos. Entón podemos saír á rúa, vivindo con tranquilidade, e a xente quérenos porque somos do Dépor e queren moitísimo o Club".

Actividades e gran ambiente nos arredores de ABANCA-RIAZOR du...

Antonio Hidalgo presume de "un gran cadro, moi comprometido" ...

Dépor Dixital 2026 convértese nun punto de encontro entre dep...

O Dépor, "con todo o mundo preparado para participar", arrinc...

Os cadetes Raúl Lema e Iago Varela, convocados para uns adest...

Espe Pizarro: "Podemos xogar con esa tranquilidade de que a c...