RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor xogará en Mérida a noite do sábado 10 e recibirá ao Pontevedra CF na tarde do domingo 18

A Real Federación Española de Fútbol fixo públicos este mediodía os horarios das xornadas 3ª e 4ª de Primera Federación.

O primeiro encontro do Deportivo fóra de casa será o sábado 10 ás 21:30 horas no Estadio Romano José Fouto fronte ao AD Mérida, emitido por InStat.tv. Unha semana despois, os branquiazuis recibirán ao Pontevedra CF en ABANCA-RIAZOR. Será o domingo 18 ás 19:00 horas, retransmitido en directo pola TVG.

Este é o calendario de partidos confirmados do Dépor 2022-2023:

Xornada 2: sábado 3 de setembro, 19:30 h. ABANCA-RIAZOR (InStat.tv), Dépor-Real Balompédica Linense

Xornada 3: sábado 10 de setembro, 21:30 h. Romano José Fouto (InStat.tv), AD Mérida-Dépor

Xornada 4: domingo 18 de setembro, 19:00 h. ABANCA-RIAZOR (TVG2 e InStat.tv), Dépor-Pontevedra CF