RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O DéporCampus Cabreiroá de Carballo pechou as súas portas

O campo municipal das Eiroas acolleu, onte mércores 13 de abril ás 13:15 horas, a clausura da segunda edición do DéporCampus Cabreiroá de Carballo.

A actividade comezou o pasado luns día 11 con 48 participantes e desenvolveuse durante tres xornadas de mañá desde as 10:00 até as 14:00 horas. Nela participaron nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos distribuídos en tres grupos por idade e nivel de práctica ademais doutro grupo específico de adestramento de porteiros.

Cada xornada desenvolveuse baixo un ambiente lúdico finalizando cunha competición con minipartidos. O luns á primeira hora, os xogadores inscritos gozaron dun adestramento por estacións formado con diferentes contidos todo eles relacionados co fútbol. O martes tiveron protagonismo os xogos tradicionais con balón. O mércores participaron en diferentes desafíos técnicos.

O último día ademais cada neno recibiu o seu diploma como recordo da súa participación na actividade e unha vez realizadas as fotografías de grupo puideron gozar de diferentes sorteos de agasallos do Dépor.

A Fundación RC Deportivo xa prepara os DéporCampus Cabreiroá de verán 2022 que este ano do mesmo xeito que a temporada anterior comezarán a última semana do mes de xuño e levaránse a cabo até a primeira semana de agosto.

Para solicitar información así como xestionar calquera incidencia coa súa inscrición poden consultar a web deporcampus.rcdeportivo.es/gl ou escribir á dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.