RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Deportivo ABANCA B gaña ao Viajes InterRías o partido aprazado e consolida a segunda praza

O partido entre as Viaxes InterRías FF e o Deportivo ABANCA B pertencente á 18ª xornada na Primeira Autonómica Feminina, que foi suspendido o pasado 28 de xaneiro ao descanso, reanudouse esta tarde no campo da Lanzada cos segundos 45 minutos.

Ao descanso chegouse con 0-1, cun gol de Carlota. E ao final o triunfo foi deportivista (1-3), con tantos de Carlota de novo e Ari.

Con este marcador definitivo, o Deportivo ABANCA B suma 63 puntos e afianza a segunda posición na táboa da Primeira Autonómica Feminina.

O Deportivo ABANCA B no primeiro tempo, disputado o pasado 28 de xaneiro: Miralles, Alba Martínez, Alba Pérez, Sofía, Antía, Ari, Alba Suárez, Sara Piñeiro, Michelle, Carlota e Vero.

Segundo tempo, hoxe martes 27 de marzo: Jessica, Antía, Alba Martínez, Patri, Alba Pérez, Lara, Sara Piñeiro, Alba Suárez, Carlota, Ari e Vero. Tamén xogaron: Lidia, Mar, Carmen e Ainhoa.

A competición ligueira reanudase o vindeiro 15 de abril co partido en Arteixo entre o Deportivo ABANCA B e o UD Mos.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Alba Suárez e Vero) - Orzán 0
Valladares 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías 0
Umia 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Vero, Sara Iglesias, Lidia e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3-, Ari e Alba Suárez) - EFM Concello de Boiro 1
Torre 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez, Alba Martínez, Michelle e Sara Iglesias)
Deportivo ABANCA B 3 (Alba Suárez, Alba Martínez e Lidia) - Victoria FC B 2
Atlético Arousana 5 - Deportivo ABANCA B 3 (Vero, Lidia e Ari)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3- e Alba Suárez -2-) - Victoria CF B 0
SD Val 0 - Deportivo ABANCA B 0
UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Michelle e Mar)
Deportivo ABANCA B 5 (Alba Suárez -2-, Alba Pérez, Ainhoa e Michelle) - Sárdoma B 3
Tordoia 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Alba Pérez, Sara Iglesias e Vero)
Deportivo ABANCA B 6 (Patri -3-, Vero -2- e Michelle) - SCD Milagrosa 2
UD Ourense 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Michelle, Lidia e Vero)
Orzán 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Sara Piñeiro, Vero e Antía)
Deportivo ABANCA B 0 - Valladares 0
Viajes InterRías FF 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Carlota -2- e Ari)
Deportivo ABANCA B 3 (Vero, Carlota e Ari) - Umia 2
EFM Concello de Boiro 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez, Alba Martínez, Michelle e Carlota)
Deportivo ABANCA B 5 (Carlota -2-, Michelle, Alba Suárez e Lidia) - Torre 0
Victoria FC B 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Patri, Michelle e Ari)
Deportivo ABANCA B 2 (Michelle Romero e Alba Suárez) - Atlético Arousana 0
Victoria CF B 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Vero, Michelle, Alba Suárez e Ainhoa)
Deportivo ABANCA B 13 (Carlota -2-, Antía -2-, Vero -2-, Alba Martínez -2-, Alba Suárez -2-, Lidia, Lara e Patri) - SD O Val 0