RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo ABANCA B saca adiante un igualado encontro ante o Umia

O Deportivo ABANCA B foi capaz de sacar adiante (3-2) un complicado e igualado encontro, pertencente á 19ª xornada na Primeira Autonómica Feminina, ante un Umia que conseguiu empatar en dúas ocasións. Vero, Carlota e Ari foron as autoras dos goles branquiazuis, o último de penalti na recta final do encontro.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B é terceiro na táboa con 42 puntos, a 3 puntos do Atlético Arousana, segundo con 45 puntos. No entanto, o conxunto deportivista ten un partido menos, o que foi suspendido a pasada fin de semana en Sanxenxo ante as Viaxes InterRías FF no descanso, con 0-1 a favor das deportivistas.

Deportivo ABANCA B: Jessi, Noe, Alba Pérez, Sofía, Antía, Lida, Alba Suárez, Sara Piñeiro, Carlota, Michelle e Vero. Tamén xogaron: Ainhoa, Ari, Lara, Carmen e Alba Martínez.

A próxima semana non haberá competición ligueira. En quince días, o Deportivo ABANCA B visita ao EFM Concello de Boiro.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Alba Suárez e Vero) - Orzán 0
Valladares 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías 0
Umia 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Vero, Sara Iglesias, Lidia e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3-, Ari e Alba Suárez) - EFM Concello de Boiro 1
Torre 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez, Alba Martínez, Michelle e Sara Iglesias)
Deportivo ABANCA B 3 (Alba Suárez, Alba Martínez e Lidia) - Victoria FC B 2
Atlético Arousana 5 - Deportivo ABANCA B 3 (Vero, Lidia e Ari)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3- e Alba Suárez -2-) - Victoria CF B 0
SD Val 0 - Deportivo ABANCA B 0
UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Michelle e Mar)
Deportivo ABANCA B 5 (Alba Suárez -2-, Alba Pérez, Ainhoa e Michelle) - Sárdoma B 3
Tordoia 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Alba Pérez, Sara Iglesias e Vero)
Deportivo ABANCA B 6 (Patri -3-, Vero -2- e Michelle) - SCD Milagrosa 2
UD Ourense 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Michelle, Lidia e Vero)
Orzán 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Sara Piñeiro, Vero e Antía)
Deportivo ABANCA B 0 - Valladares 0
Viaxes InterRías FF - Deportivo ABANCA B (suspendido ao descanso)
Deportivo ABANCA B 3 (Vero, Carlota e Ari) - Umia 2