RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo adquire a concesión da Praia Club

O Presidente do Club acaba de informar que o Real Club Deportivo da Coruña adquiriu a concesión da Praia Club. A operación, que supón un desembolso de 400 millóns de pesetas, supón que a entidadblanquiazul faise con todas as accións que dan dereito á uti

As instalacións, dunha superficie aproximada de 3.000 metros cadrados, inclúen oficinas, restaurante, cafetaría, sala de festas, servizos á praia de Riazor, etc. A Praia Club é un lugar emblemático da cidade da Coruña e está situado entre o Estadio e a praia de Riazor.

A operación de compra pechouse entre o Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro e o anterior propietario das referidas accións, Emilio Ramón Alonso Carballo.

O Club ofrecerá máis información sobre a adquisición proximamente.