RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Deportivo B empata en Cobeña e parte co factor campo de vantaxe para o ascenso a Segunda B

O Deportivo B igualou a ceros ante o Cobeña esta mañá na localidade madrileña e partirá co factor campo a favor o vindeiro sábado ao seis en Abegondo no partido de volta que dilucidá quen dos conxuntos subirá a Segunda División B.

Ademais, a igualada tivo un mérito engadido ao xogar o Dépor B desde o minuto 52 de partido cun home menos pola expulsión de Iván Carril, que non poderá aliñarse no partido de volta.
O Deportivo B aliñou a Mackay, Borja, Chapi, Antonio, Dani, Alex, Pita, Iván Carril, Iago, Ramón e Xisco. Tamén xogaron Rivera, Senel e David Rei.