RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Deportivo B non se dá tregua e traballará tamén o martes no Mundo do Fútbol

O Deportivo B non se dá tregua. O único equipo invicto das categorías nacionais do fútbol español, con dez partidos e dez vitorias, non terá descanso esta semana. Este luns o persoal do filial deportivista exercitouse en Abegondo na típica sesi

O obxectivo é seguir batendo marcas e conseguir o undécimo triunfo consecutivo o vindeiro sábado ás 17:30 en Abegondo ante o Arousa.
Onte en Santa Comba ante o cadro local houbo unha auténtica exhibición branquiazul. Os números así o avalan: oito córneres a favor do Dépor B por un do cadro local, que ademais foi no minuto 89 de partido. O conxunto de Perico Ramallo xutou nove veces a portaría por unha soa vez o Santa Comba, sendo esa precisamente a do saque de esquina a un minuto para que acabase o tempo regulamentario.
Esta mañá, Joaquín Caparrós non quixo personalizar a ningún fabrilista, preguntado na rolda de prensa de hoxe luns pola posibilidade de que Xisco, autor de tres goles en dous partidos, retorne ao primeiro equipo: "Aí están tamén Iago, Senel... Todos son importantes para os técnicos", indicou o adestrador do primeiro equipo.