RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo cae ante o Betis en Riazor

Derrota deportivista en Riazor no primeiro encontro da tempada ante un Betis con moito acerto que leva o tres puntos. As bancadas, con moi bo ambiente, puideron aplaudir ao equipo campión da Supercopa, ver un intenso partido e asistir á estrea de Luque co

Intenso partido en Riazor cun Betis envorcado ao ataque que atopou porta moi pronto e dificultou as cousas ao Deportivo. Vibrante inicio de partido con toma e daca constante. O Betis non deixaba repirar ao Deportivo que non consegue a posesión de balón. Inicialmente Makaay buscou a meta rival pero sen fortuna. Quen si estivo acertado foi a nova fichaxe do Betis, Assunçao, que dispara desde a frontal da área e o balón cóase pola escuadra dereita da portaría de Molina que nada puido facer. Acto seguido Joaquín cae na área e o colexiado sinala penalti que Alfonso converte. Os dous goles en contra tan rápidos puxeron as cousas difíciles a un Deportivo que buscou recortar. Así, á media hora de xogo Sergio dá un pase en profundidade a Makaay que, gañando as costas á defensa do Betis e só ante Prats bátelle por baixo tras pegar na base do pau.

A partir de aí o Deportivo dispuxo duns minutos de dominio de xogo, pero o Betis aproveitou un córner perfectamente cabeceado polo canteirán bético Arzu o que lle permitiu anotar o terceiro gol que fixo moito dano ao Deportivo.

Na continuación as cousas continuaron igual, con dominio visitante dun Betis ao que lle sae todo. Unha boa xogada de Alfonso pola banda esquerda e o seu centro remátao de socato Joaquín que pon o 1 a 4 en Riazor.

Irureta deu entón entrada no encontro a Tristán e a Duscher e, minutos máis tarde, ao recentemente incorporado Luque. No 75, Tristán sofre un penalti na área e el mesmo encárgase de converter o segundo gol branquiazul. Mentres, Riazor deu os primeiros aplausos a Luque, que deixou mostras da súa calidade. Antes do partido, Djalminha saudou e desexou sorte aos seus compañeiros antes de deixar A Coruña e emprender rumbo a Austria, onde militará cedido esta campaña.

Aliñacións:
Deportivo: Molina, Romeu, Naybet, Andrade, Scaloni, Mauro, Sergio, Víctor, Fran, Valerón e Makaay. Suplentes: Juanmi, Héctor, Donato, Capdevila, Duscher, Tristán e Luque.
Betis: Prats, Luís Fernández, Juanito, Rivas, Varela, Capi, Joaquín, Assunçao, Arzu, Denilson e Alfonso. Suplentes: Fernando, Canas, Gaspercic, Casas, Filipescu, Calado e Joao Tomás.