RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo - Celta será ofrecido en directo pola TVG, o día 8

Hai 12 anos era noticia no seo do equipo herculino a retransmisión do duelo de rivalidade contra o Celta, a falta aínda de algo máis de tres semanas para que se xogue, a afección coruñesa xa está pendente do duelo.

O partido que ía ser o próximo día 9 de decembro, quizá se adiante nun día para que poida ser transmitido en directo pola TVG, aínda que ata o momento non existe ningunha confirmación oficial. A televisión autonómica e o Deportivo asinaron un convenio, que se aplicou a pasada tempada, por medio do cal o ente autonómico abonou ao club coruñes 30 millóns de pesetas pola retransmisión de seis partidos: dous de liga, dúas de copa e dous amigables.

Doutra banda o líbero iugoslavo Kanatlarovski será baixa para o partido do domingo ante o Xerez debido a que no encontro disputado ante o Estepona sufriu unha torsión no xeonllo dereito que lle causou unha escordadura do ligamento colateral esquerdo, segundo confirmou o médico do club, Barbeito Couceiro, a dúbida estriba en saber se o xogador estará en condicións de viaxar a Eibar o seguinte fin de semana, dúbida que quedará liquidada ao longo da próxima.