Son varias as entidades benéficas coas que colaborará o RC Deportivo este nadal. O Club doará 500 entradas de preferencia inferior para o encontro do próximo día 20, ás 20:45, en Riazor, entre o Deportivo e o Oviedo á Federación de Penas Deportivistas.
Baixo a lema, Axúdanos a axudar, o Depor xa o fai, as penas federadas en colaboración co Banco de Alimentos, cambian alimentos non perecedoiros por entradas.
A recollida realizarase desde mañá no Mesón Santiso II na rúa da Esterra da Coruña e no Bar Saco de Alcalde Becaría de Betanzos. Para máis información, nos teléfonos 981254651 e 639175245.
Por outra banda, o RC Deportivo doou outras 250 entradas do citado encontro ante o Oviedo á Asociación Rueiro, que as cambiará por xoguetes no seu local social de Avenida de Alfonso Molina 6 Baixo. O teléfono de información é o 981239745.
Por fin, a Cruz Vermella mocidade tamén cambiará xoguetes novos por entradas para o devandito encontro. O Club herculino colaborou achegando 250 pases para acudir ao devandito evento. Os xoguetes pódense deixar no local social da organización benéfica, sito en Curros Enríquez s/n. Máis información no 981205975.
Ademais, o Deportivo achegou 10 balóns de regulamento e dúas camisetas asinadas para o Telemaratón de Antena 3 Televisión que se emitirá o 17 deste mes en beneficio da ONG Mensaxeiros da Paz.