RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo consegue unha importante vitoria en Mendizorroza

O Deportivo regresa de Vitoria esta mesma noite con tres importantes puntos na maleta. O Arabés -Deportivo foi gañando en intensidade a medida que avanzaron os minutos e finalmente os deportivistas -que hoxe vestiron de roxinegro- conseguiron vencer nun c

Tras unha primeira parte insulsa, na que o único a destacar é o gol de Amavisca no minuto 24, dun bo chute a porta que Kike non pode deter. Así o Deportivo chegou con vantaxe ao descanso. Na continuación, Amavisca aumentou a vantaxe visitante cun gol no minuto 2 tras unha gran xogada de Valerón, que se interna na área, cede a Amavisca, que recorta e marca por segunda vez. Tras uns minutos de desconcerto no Arabés, os de Manei repuxéronse do mazazo dos goles e no minuto 61 Llorens mete ao Arabés de novo no partido cun disparo potentísimo.

O Arabés crécese e a pesar de que Makaay dispuxo dun par de disparos con moita inteción, o marcador permanecía inalterable ata que Coloccini, no 82 igualaba a contenda cun remate de cabeza a pase de Pablo.

Un minuto máis tarde Iván Alonso é expulsado por protestar -era a súa segunda amarela- e a superioridade numérica favoreceu o gol deportivista que chegaría no 87, cun gran gol de Sergio tras unha moi boa xogada de Amavisca. Xa no tempo de desconto o colexiado anulou un gol de Pablo por unha falta previa na área de Coloccini sobre Djorovic.
Ao final, o Deportivo fai historia ao conseguir unha vitoria en Mendizorroza e os branquiazuis regresan á cidade herculina coa mente xa posta no Manchester, ao que se enfrentaránen Riazor o martes e coa tranquilidade que dá ser os líderes provisionais da táboa a falta dos resultados do domingo.

Javier Irureta aliñou de inicio a Molina, Manuel Pablo, Djorovic, Naybet, Romeu, Emerson, Mauro Silva, Amavisca, Scaloni, Valerón e Makaay.