RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo despídese da súa afección con vitoria

O Deportivo impúxose por tres goles a cero ao Celta de Vigo no último partido da tempada ante os seus afeccionados. Un gol de Sylvinho en propia porta e os tantos de Pandiani e Munitis deron a vitoria aos de Irureta.

Minuto de silencio en Riazor en recordo de Jesús Gil, falecido onte.
Máis de mil afeccionados do Celta nas bancadas deportivistas nunha tarde fantástica, con moi boa entrada en Riazor.

O Deportivo da Coruña adiantábase en Riazor tras un centro de Fran que golpea en Sylvinho e entraba na porta de Cavallero aos doce minutos.
Doce minutos máis tarde, o Deportivo, un auténtico vendaval, anotaba o segundo cun disparo de Pandiani e Munitis, tan só dous minutos despois, marcaba o terceiro.

Na continuación o Celta parecía reporse e saíu mellor situado e con máis ganas, pero aos poucos deixou entrar de novo ao Deportivo no partido. Os célticos tan só tiveron dous disparos a porta e o partido finalizou co peor resultado posible para eles.