RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo entregará o mércores a subvención aos clubs modestos

O Real Club Deportivo da Coruña entregará mañá mércores ás 21:15 horas na Praia Club 91.972 euros (15.302.853 pesetas) de subvención aos clubs modestos que teñen subscrito un convenio co Deportivo, que son os seguintes: Atlético Os Castros, Batallador, Ca

Eses 91.972 euros (15.302.853 pesetas) desagréganse desta forma: -21.780 euros (3.623.887 pesetas) por manter equipos en categorías nacionais e rexionais de xuvenís, cadetes e infantís; cláusula duodécima do convenio.
-19.353 euros (3.220.068 pesetas) que se entregan aos clubs modestos por facer altas de abonados do Deportivo, ata un máximo de 901 euros. En caso de non facer ningunha alta de socio, cada club percibe un fixo de 601 euros; cláusula primeira do convenio.
-15.600 euros (2.595.621 pesetas) euros en virtude da cláusula do convenio do fútbol modesto número décimo terceira, polo cal se abona a cada club un incentivo por cada equipo que sosteña en categoría xuvenil, cadete, infantil e alevín.
-34.759 (5.783.411 pesetas) euros polo número de xogadores fichados para as categorías inferiores do Deportivo; cláusula terceira do convenio.
-480 (79.865 pesetas) euros polo número de partidos xogados no primeiro equipo de cada futbolista; cláusula cuarta.

Así pois, o que percibirá cada club é o seguinte:

Montañeiros: 24.585 euros
Conxo: 11.601 euros
Vitoria: 7.237 euros Marabillas: 6.080 euros
Orillamar: 4.194 euros
Calasanz: 3.218 euros
Galicia Gaiteira: 2.796 euros
Imperator: 2.658 euros
Deportivo Cidade: 2.508 euros
Vioño: 2.316 euros
Compañía de María: 2.166 euros
Oza Xuvenil: 1.351 euros
Cidade Xardín: 1.201 euros
Orzán: 1.201 euros
Torre: 1.201 euros
Sporting Meicende: 1.201 euros
Sporting Cidade: 1.051 euros
Peñarredonda: 1.051 euros
San Cristóbal dás Viñas: 1.051 euros
Sen Querer: 1.051 euros
María Pita: 1.051 euros
Olímpico de Rutis: 1.051 euros
Santa María del Mar: 1.031 euros
Atlético Castros: 901 euros
Liceo Monelos: 901 euros
Lóstrego de Elviña: 901 euros
Marola: 901 euros
Santa Margarita: 901 euros
Sporting Coruñés: 901 euros
Caixa de Aforros: 751 euros
Silva: 751 euros
Batallador: 601 euros
Brexo Lema: 601 euros
Escolas Luís Calvo Sanz: 601 euros
Marte: 410 euros

Ademais, o Real Club Deportivo convida a todos os xogadores dos clubs que teñen asinado o convenio coa entidade deportivista, en total máis de 1.300 futbolistas desde benjamines, o que representaría aplicando o prezo do carné junior 17.200.000 pesetas (103.350 euros). Se sumásemos ambos os conceptos, o Deportivo entregará ao fútbol modesto a cantidade total de 32.498.846 pesetas (195.322 euros), da que 91.972 euros (15.302.853 pesetas) son en efectivo e 103.350 euros (17.200.000 pesetas) como valoración do acceso gratuíto de todos os pequenos futbolistas coruñeses ao Estadio de Riazor durante toda a tempada, tanto en Liga, Copa do Rei, competicións europeas e amigables.