RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo faise forte lonxe de Riazor (1-2)

- Foto: LaLiga -   O Deportivo logró ante o Betis no Estadio Benito Villamarín o seu segundo triunfo da tempada, o segundo también a domicilio, fraguado nunha consistente primeira metade e cristalizado mediante dous gol

Víctor Sánchez do Amo expuxo tres cambios no once deportivista con respecto á derrota ante o Sporting en Riazor: Juan Domínguez por Borges, Fede Cartabia por Juanfran e Luisinho por Luís Alberto, este último buscando tapar un dos puntos fortes do Betis no arranque ligueiro, a banda dereita formada por Piccini e Joaquín.
 
O inicio do partido foi totalmente oposto ao choque do pasado domingo. O Betis foi o primeiro en achegarse á meta rival. Por mor da súa presión adiantada, Rubén Castro quedou só ante Lux e foise ao chan ante a presión de Arribas, reclamando penalti. Foi a única xogada de perigo real para algunha das portarías nos primeiros 30 minutos.
 
Unha falta colgada por Fede Cartabia que ningún deportivista acertou a peitear e un disparo afastado pero frouxo de Jonathan Rodríguez foron os únicos achegamentos branquiazuis no primeiro terzo de encontro. O segundo arrincou cunha providencial intervención de Lux a un remate cruzado de Rubén Castro que, aínda que non ía entre o tres paus, dirixíase cara aos pés dun Jorge Molina coa cana preparada no segundo pau.
 
A mellor oportunidade, un envelenado disparo de Fede Cartabia que se estrelou na parte exterior do poste dereito da portaría de Adán, puxo fin a uns primeiros 45 minutos nos que nin un nin outro equipo buscaron o marco contrario con afán.
 
A segunda metade comezou con outro ritmo, tanto por parte bética como por parte deportivista. E tamén botou a andar co sorprendente cambio de Van der Vaart, que abandonou o terreo de xogo lesionado, antes de que o seu técnico, Pepe Mel, puidese preparar a súa substitución.
 
Saltou ao céspede máis forte o Dépor. Ao cinco minutos da segunda parte, Luisinho non chegou a rematar un centro de Fayçal despois dun fenomenal contragolpe en superioridade numérica. Na seguinte xogada, Mosquera rematou alto desde o bordo da área despois dunha chegada pola dereita e unha deixada atrás de Juan Domínguez.
 
E os avisos deixaron de selo para converterse en realidades cando Fede Cartabia conectou, desde uns 30 metros, un zambombazo con efecto endiablado que se coou polo centro do marco verdibranco, tras golpear no traveseiro. Ao nove minutos da segunda metade chegaba o primeiro tanto oficial do arxentino coa zamarra deportivista.
 
A pesar de que o Betis quedou noqueado durante algúns minutos, unha xogada na que o Dépor careceu de contundencia e foi incapaz de afastar o perigo en varias ocasións, acabou co balón no fondo das mallas de Lux. Petros superou a estirada do cérbero arxentino, fusilado no man a man tras servizo de Dani Ceballos.
 
O partido abriuse definitivamente. Ambos os adestradores puxeron todas as súas cartas sobre a mesa. Víctor Sánchez do Amo introduciu a Borges e Lucas en lugar de Juan Domínguez e Jonathan Rodríguez. Pouco despois, Luisinho fíxose cun balón perdido en mediocampo. O luso arrincou con decisión e o seu centro ao segundo pau deixouno atrás de cabeza Borges para a chegada de Fayçal. O franco-marroquí fusilou a Adán desde o punto de penalti para anotar o 1-2. Tamén se estreou como goleador o mediapunta de Rouen.
 
A momentánea tranquilidade alterouse segundos despois, cando Petros dispuxo dunha oportunidade similar ante Lux. Nesta ocasión, o lanzamento do brasileiro marchouse á esquerda do portal deportivista. O Betis lanzouse a por o empate. Tentouno con insistencia, sempre pola banda esquerda, por mediación do recentemente incoporado Rennella, aínda que sen acabar de esixir a intervención do porteiro arxentino.
 
O Dépor freou o arreón de orgullo dos béticos e nuns minutos recuperou o control do encontro. Cando se fixeron co esférico, os coruñeses saíron con velocidade, abriron o campo e xogaron ao catro esquinas co once andaluz, coa intención de alongar as súas posesións para escoitar canto antes o asubío final.
 
Con esta vitoria no Benito Villamarín, o Deportivo mantense invicto lonxe de Riazor, onde suma dúas vitorias e un empate, para totalizar 8 puntos, que lle sitúan na zona media-alta da clasificación da liga BBVA.
 
Betis: Adán, Piccini, Bruno, Westermann, Vargas, Joaquín, Xavi Torres (Rennella, min. 74), Petros, Van der Vaart (Dani Ceballos, min. 48), Rubén Castro e Jorge Molina (Van Wolfswinkel, min. 59).
 
RC Deportivo: Lux, Laure, Arribas, Sidnei, Navarro, Mosquera, Juan Domínguez (Borges, min. 59), Fede Cartabia (Juanfran, min. 66), Fayçal, Luisinho e Jonathan Rodríguez (Lucas, min. 63).
 
Goles: 0-1 Fede Cartabia (min. 54); 1-1 Petros (min. 58); 1-2 Fayçal (min.71).
 
Árbitro: Gil Manzano (C. Estremeño). Amoestou a Joaquín (min. 26), Piccini (min. 42), Jonathan Rodríguez (min. 44), Navarro (min. 75), Lux (min. 78), Laure (min. 81), Westermann (min. 85) e Luisinho (min. 93).
 
Incidencias: partido da 5ª xornada da liga BBVA disputado no Benito Villamarín ante 37.051 espectadores.