RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor ABANCA disputará o Trofeo Teide ante o Costa Adeje Tenerife o sábado 16 de agosto

Amigable de altura para o Dépor ABANCA posto que As Nosas disputarán a presente edición do Trofeo Teide.

O rival das branquiazuis será o Costa Adeje Tenerife, conxunto que a pasada campaña finalizou en 6ª posición da Liga F.

O encontro será o sábado 16 de agosto ás 21:00 horas (hora galega, 20:00 hora local) no Estadio Municipal Los Cuartos de La Orotava.

O Dépor ABANCA arrincou a pretemporada o pasado luns 14 de xullo con probas médicas e físicas. O seu primeiro adestramento no campo 6 de Abegondo foi o pasado mércores 16.