RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Jose Ángel comezou a súa progresiva incorporación ao traballo de grupo

Jose Ángel entra na recta final da súa recuperación.

O mediocentro deportivista, após unhas semanas con traballo personalizado co readaptador Nando Rodríguez, comezou estes días a facer algunha tarefa co grupo, por exemplo este venres o quecemento.

Aos poucos Jose Ángel irá aumentando a súa presenza nas sesións de adestramento até a súa completa incorporación.

Pola súa banda, Arnau Comas fai parte co grupo e parte co readaptador. Na súa presentación, o futbolista catalán explicou que "vou moi ben. De momento dentro dos prazos. Opereime a finais da liga pasada e levo un par de meses. Estou a empezar a facer algunha cosita co grupo sen contacto aínda. Se cadra para principio de liga a ver se podo estar dispoñible e fisicamente a máximo rendemento". 

Antonio Hidalgo dispuxo este venres nubrado, entre os campos 2 e 3, unha activación, un exercicio de posesión e un partido.

Este sábado 19 de xullo, o Dépor conclúe a segunda semana de pretemporada ás 10:30 en Abegondo cun novo partido de adestramento.