RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Miguel Loureiro, novo xogador do Dépor

Miguel Loureiro Ameijenda (A Silva, Cerceda, 21 de novembro de 1996) converteuse en novo xogador do Dépor até xuño de 2028.

Pode actuar como central e lateral. Procede da SD Huesca, onde a temporada pasada (2024-25) en LaLiga Hypermotion, disputou 31 partidos, marcou tres goles e deu unha asistencia. Ademais, sumou un partido na Copa del Rey.

Loureiro ten ampla experiencia na categoría, na que acumula 144 partidos, con 7 goles e 5 asistencias. A eles hai que sumar 12 na Copa.

O novo defensa branquiazul militou anteriormente no CD Lugo, en Segunda División (temporada 2022-23). No club lucense xogou outros 40 partidos, cun gol e unha asistencia.

Nas temporadas 2017-18 e 2018-19, defendeu as cores do Córdoba CF, tamén na categoría de prata do fútbol español. Neste caso, participou en 33 partidos.

Os outros clubs na carreira profesional de Miguel Loureiro foron o Racing de Ferrol, Pontevedra CF e FC Andorra, todos eles en Segunda División B.

O futbolista de Cerceda ten pasado deportivista, posto que pasou por ANOSACANTEIRA en categoría infantil.

Miguel Loureiro convértese no sexto reforzo do Dépor tras as chegadas anteriores de Lucas Noubi, Arnau Comas, Luismi Cruz, Giacomo Quagliata e José Graguera.