RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Deportivo gaña o Teresa Herrera

No primeiro partido da pretemporada en Riazor, o campión da liga española superou ao campión italiano na quenda de penaltis, conseguindo o máis prestixioso dos torneos estivais que este ano se disputaba a partido único.

O Deportivo comenzo con Songo'ou, Manuel Pablo, Romeu, Donato, Helder, Mauro Silva, Víctor, Jokanovic, Pauleta Fran e Turu Flores, mentres que pola Lazio empezaron o partido Marchegiani, Negro, Claudio López, Baronio, Ravanelli, Da Pena, Mihajlovic, Mesta, Nedved, Stankovic e Pesaresi.

O equipo coruñes fíxose co control do partido desde o primeiro momento, creando ocasións que non materializaba, e nun contraataque do Lazio guiado por Nedved, Piollo López, xa no minuto 41, bate a Songo'ou.

Ao comezo do segundo tempo Irureta daba entrada a Duscher por Jokanovic, mentres que por parte de Lazio entraban Gottardi e Lombardo. Nada máis iniciarse a segunda parte, unha internada pola banda dereita de Manuel Pablo, é aproveitada por Víctor para bater a Marchegiani. Pero a alegría duro pouco xa que, tres minutos despois, Stankovic batía a Songo´ou no saque dunha falta ao bordo da área.

No minuto 57, Irureta daba entrada a Molina (Songo´ou), Naybet (Mauro Silva) e Tristán (Turu Flores), mentres que por parte do Lazio entraba Fernando Couto. A partir deste momento e ata o final do partido se sucedian accións nas dúas áreas, sen que ningún dos equipos lograse o ansiado gol. Foi xa no tempo de desconto cando Pandiani, que habia entrado no minuto 71, establecia o 2 - 2 ao rematar de cabeza un centro de Víctor.

Con este resultado finalizaba o partido, quedando a resolución do torneo nos lanzamentos de penaltis, nos que, polo Deportivo marcaron Donato, Víctor, Fran e Pandiani, e fallou Tristán, e polo Lazio marcaron Couto, Mihajlovic e Baronio, e fallaron López e Ravanelli.

A LV edición do Trofeo Teresa Herrera, o último do século, queda nas vitrinas do Deportivo. O trofeo era recollido de mans de Paco Vázquez, alcalde da Coruña, por Fran.