RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo imponse no amigable ante o Ourense

O Deportivo impúxose esta noite no Couto ao Ourense por 4 goles a 1 nun entretido encontro amigable ao que asistiron uns 1.200 espectadores. Iván Carril, De Guzmán, Juanma e Héctor anotaron os goles branquiazuis. Anxo marcou o tanto local.

No primeiro tempo xogaron polo Deportivo Munúa, Héctor, Juanma, César, Rubén Méndez, Acuña, De Guzmán, Momo, Jesús Muñoz, Senel e Iván Carril. Na segunda parte tamén participaron Dani Mallo, Pita, Ribeira e Pablo Amo.

Ao finalizar o encontro Joaquín Caparrós manifestou que estes partidos lle gustan "para que a xente colla minutos e partidos".