
O Deportivo recibe da súa pena de Xapón un amuleto budista
A pena deportivista xaponesa denominada Japoruña decidiu pasar á acción. Os integrantes dunha das agrupacións máis exóticas do Dépor, comprobando a mala serie de resultados branquiazuis, acudiron a un templo budista de Xapón para preparar un amuleto.