RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo remonta ante o Athletic e suma tres valiosos puntos

O Deportivo da Coruña remontou un gol en contra marcado por Ezquerro e consegue unha valiosa vitoria ante a súa afección. Donato e Luque, segundo a acta arbitral, foron os encargados de marcar os dous goles branquiazuis que deixan o tres puntos en Riazor.


O Deportivo non o tivo fácil ante un Athletic que teceu unha tea de araña diante da súa área que freou o ataque galego durante toda a primeira parte e parte da segunda. Os de Heynckes adiantáronse no marcador tras unha xogada de Ezquerro que golpea en Héctor e entra a gol. Pero a vantaxe só lles durou dous minutos, porque Donato estableceu o empate de cabeza nunha xogada a balón parado a saque de falta de Víctor.


Ao final, parecía que Karanka en propia porta, pero segundo a acta arbitral foi Luque quen deixou o marcador no 2-1 definitivo que deixa o tres puntos nun Riazor que llo dedicou a Molina.


O partido tivo as súas fases de xogo duro e mesmo varias xogadas moi protestadas polo público coruñés.