RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

''O do sábado é o partido máis importante da miña vida'', asegura Álex Bergantiños

Álex Bergantiñcrevos que os xogadores do Deportivo este sábado no Camp Nou (18.30, Canle + 1) deben estar "más intensos e concentrados que nunca. É o partido más importante do añou, para moitos da nosa carrei

Subliña que "estar co Dépor en Primeira é o que sempre quixen facer desde pequeno. Para min, se teño a opción de xogar no Camp Nou, onde nunca puiden facelo, é o partido máis importante da miña vida. Todos soñamos con xogar este tipo de partidos e saír vitoriosos. Imos pelexar por éso a matar e a ver se o conseguimos".

Notou Álex o pasado domingo ante o Levante "pola reacción do público que algún resultado non nos favoreceu. Ao final hai que ser conscientes de que estamos fóra do descenso, esa vitoria (a do pasado domingo en Riazor) deunos a posibilidade de depender de nós mesmos nesta última final e que tamén obriga ao resto de equipos a gañar, e éso é moi importante. Hai que valorar esa vitoria e pensar nesta ao máximo".

É consciente o mediocentro coruñés que en Barcelona "se só defendes, se só estás a manter ese empate o normal é que acabes perdendo. Hai que ir con intensidade, ordenados, moi xuntos pero non esquecernos nunca de tentar facerlles dano coas nosas armas. É moi difícil acabar no Camp Nou coa porta a cero e vai ser importante aproveitar as opcións que teñamos para facer algún gol".