Despois duns meses de continua axitación, o Real Madrid parece alcanzar certa calma en canto a resultados e xogo, porque todo o mundo púxose de acordo en que actualmente os brancos atravesan o mellor momento da tempada, da man de Vicente do Bosque.
Os brancos teñen un persoal infestado de figuras. Dos que poden estar en Riazor destacan Hierro, Raúl, Roberto Carlos, Redondo, Morientes, practicamente todos....E entre as ausencias a meta alemán Ilgner, o defensa Xullo César, a media punta Balic, os dianteiros Savio e Anelka. Case nada.
Hai que facer mención dos bos resultados obtidos polo Real Madrid fóra do seu feudo. Do dez partidos disputados só perdeu un, o Balaídos, ante o Celta. Gañou tres e empatou o seis restantes, polo que é o segundo equipo que maior tallada sacou fóra do seu campo, despois do Deportivo.