RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Emma Cuervo de Ribadeo, última parada da Dépor Xira Integral Motion 2022

A LXXI edición do Trofeo Emma Cuervo, un dos decanos do fútbol internacional xunto co Teresa Herrera, será o broche final á Dépor Xira Integral Motion 2022.

Deportivo e Unionistas de Salamanca disputarán o prestixioso trofeo, organizado polo Ribadeo FC, no Campo Municipal Pepe Barrera o sábado 20 de agosto a partir das 18:30 h.

Como o resto de partidos de pretemporada do Deportivo, dentro da Dépor Xira Integral Motion, o encontro retransmitirase en directo a través da canle oficial de Youtube do Club: www.youtube.com/rcdeportivo grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.

O prezo das entradas é de 15 euros para o público e poderanse adquirir o mesmo sábado desde as 10:00 nos despachos de billetes do Pepe Barrera. Os menores de 13 anos teñen acceso gratuíto.

As peñas do RC Deportivo poden adquirir ao prezo de 15 euros entradas que posibilitan presenciar o citado partido masculino e tamén o feminino que protagonizarán o Dépor ABANCA e o Real Oviedo o domingo 28 de agosto ás 18:30 horas no mesmo escenario, o campo Pepe Barrera de Ribadeo.

As agrupacións interesadas deben enviar un email para reservar as ditas entradas a esta dirección de correo electrónico: administracion@ribadeofc.gal.

Os partidos confirmados na pretemporada branquiazul, cos resultados dos xa xogados, son os seguintes:

Atlético Arteixo 0 - RC Deportivo 3 (Martín Ochoa, Yeremay e Jaime)
Racing Villalbés 1 - RC Deportivo 4 (Raúl Carnero, Santamaría -2- e Mario Soriano)
RC Deportivo 7 (Quiles -3-, Santamaría, Víctor Narro, Tim Caroutas e Martín Ochoa) - SD Ponferradina 1
RC Deportivo 0 - Real Madrid Castilla 0. A penaltis: 5-6
RC Deportivo 4 (Quiles -3- e Víctor Narro) - FC Metalist Kharkiv 2
RC Deportivo-Unionistas de Salamanca CF, sábado 20 de agosto, 18:30 h., Municipal Pepe Barrera (Ribadeo)