RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril cae ante o Coruxo nun choque igualado

O Fabril caeu en O Vao (Vigo) ante o Coruxo (1-0) após un choque igualado pertencente á 25ª xornada no grupo 1º de Segunda División B.

O partido decidiuse cun gol de Borja Yebra aos 26 minutos de xogo. O Fabril, que non empezou ben, tentou reaccionar e puido empatar nunha ocasión de Edu Expósito após o descanso.

Co paso dos minutos, o conxunto que prepara Gustavo Munúa foise decididamente a por o empate, aínda que con pouca claridade en ataque e o Coruxo seguiu creando perigo á contra. O marcador xa non se movería.

Con este resultado, o Fabril segue na segunda praza da táboa con 44 puntos, á espera do que faga mañá o Rayo Majadahonda, tamén con 44 puntos, ante o Talavera.

Fabril: Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, One, Diego Caballo, Edu Expósito, Martín Bengoa, Queijeiro, Uxío, Jardel e Borja Galán. Tamén xogaron: Óscar Pinchi, Luís Fernández e Ortuño.

O vindeiro domingo, o Fabril recibe en Abegondo á Ponferradina.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0
Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar)
Fabril 0 - Gimnastica Segoviana 0
Unión Adarve 3 - Fabril 0
Fabril 3 (Uxío e Ismael -2-) - Atlético de Madrid B 0
Celta B 0 - Fabril 0
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0
Cerceda 2 - Fabril 3 (Ismael Díaz -2- e Óscar)
Fabril 2 (Ismael Díaz e Óscar) - CD Toledo 0
Fabril 1 (Uxío) - Fuenlabrada 2
San Sebastián de los Reyes 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Romay) - Racing de Ferrol 1
Real Madrid Castilla 2 - Fabril 0
Fabril 1 (Edu Expósito) - Rayo Majadahonda 0
Coruxo 1 - Fabril 0