Lugo 2- Fabril 1 foi o resultado final da primeira saída do Deportivo B do seu campo. Os de José María Branco chocaron coa eficacia e a serenidade defensiva dos de Xulio Díaz.
Miguilla foi o encargado de abrir o marcador para os locais e Urizar transformou un penalti que daba o 2-0 aos lucenses. Dous minutos máis tarde, no 83, Vallina marcou tamén de penalti deixando o 2-1 definitivo no marcador.