RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Fabril, con futbolistas que "teñen que dar un paso adiante", mídese este domingo ás 17:00 en O Vao ao Coruxo FC na súa primeira saída en liga

O Fabril encara a súa primeira saída da presente liga no grupo 1º de Segunda Federación este domingo 14 de setembro ás 14:00 en O Vao ante o Coruxo FC (TVG-2).

O filial resolveu cunha goleada por 3-0 o seu primeiro encontro en Abegondo, ante o Burgos CF Promesas.

Son baixa por lesión Hugo Torres, cun golpe; e Manu Ferreiro, na parte final da súa recuperación.

Tampouco estarán os 2 fabrilistas que Antonio Hidalgo citou para o partido do Dépor en Mendizorrotza ante o CD Mirandés: Samu e Kike Fernández.

Manuel Pablo, en rolda de prensa, asegura que "temos un cadro amplo e imos tirar dos que sexan".

O técnico do filial insistiu ante os medios de comunicación que "hai xogadores que repiten e que teñen que dar un paso adiante. É o que esperamos, que ese rendemento sexa regular".

Valora como importante conseguir "a regularidade no que fan Ríos, Nájera, Garrido, Kike, Fabián... A idea é que eses xogadores, que se cadra o ano pasado había xente máis feita e que eran máis protagonistas, agora sexan eles".

Asegura Manuel Pablo que "hai competencia e con ela estes xogadores teñen que ir crecendo".

Finalmente recalca que "a todos os esiximos por igual, estean no primeiro equipo ou non estean. Saben o que lles esixo cada día: regularidade nos adestramentos". 

Pola súa banda, o Coruxo FC saldou cun empate (1-1) en Langreo o seu primeiro partido de liga.

O técnico do conxunto vigués, Javi Pereira, lembra que "xogamos en casa e iso debe de ser un aliciente para nós. Un dos obxectivos da temporada é tentar que se escapen os menos puntos posibles de O Vao".