O Fabril empatou (0-0) en Abegondo ante o Racing Villalbés en partido correspondente á 29ª xornada (penúltima) en Tercera Federación.
Á mesma hora, o Arosa SC, 2º con 2 puntos menos na táboa e único equipo capaz de arrebatarlle aos fabrilistas a primeira posición e o consecuente ascenso directo a Segunda Federación, recibía na Lomba ao UD Somozas.
Os fabrilistas serían hoxe campións matematicamente e por conseguinte ascenderían a Segunda se gañasen aos lucenses e non o fixesen no seu partido os arousáns; ou se empatasen os branquiazuis e perdesen os arlequinados.
Pero o Arosa SC impúxose ao UD Somozas (4-2) e isto, unido ao citado empate do Fabril, fai que os dous equipos cheguen á última xornada empatados a 58 puntos, aínda que por diante o filial deportivista por mellor golaverage particular.
O encontro entre fabrilistas e lucences puido caer para calquera dos dous equipos.
Hugo Ríos salvou cun par de boas paradas aos branquiazuis, que puideron tamén marcar grazas a xogadas de Diego Gómez, incluído un tiro ao pau ao bordo do descanso, Jairo ou Mella.
Fabril: Hugo Ríos, Marc, Dani Barcia, Puerto, Iano Simao, Brais Val, Jairo, Nájera, Mella, Diego Gómez e Martín Ochoa. Tamén xogaron: Currás, Barba e Davo.
O vindeiro domingo 23 de abril ás 17:00, a Fabril visita en Calabagueiros ao CD Barco mentres que o Arosa SC visita ao Racing Villalbés.
Unha vitoria de Óscar Gilsanz valería o ascenso independentemente do que fagan os pupilos de Luisito no seu partido na Magdalena.
Os resultados do Fabril en liga até a data son os seguintes:
UD Paiosaco 0 - Fabril 1 (Diego Gómez)
Fabril 1 (Dani Barcia) - Alondras CF 1
Fabril 2 (Jairo e Diego Gómez) - Arosa SC 1
CD Estradense 2 - Fabril 2 (Nájera -2-)
Fabril 4 (Nájera -2- e Martín Ochoa -2-) - CSD Arzúa 0
Rápido de Bouzas 0 - Fabril 0
Fabril 6 (Nájera -2-, Martín Ochoa -3- e Iván) - Viveiro CF 0
Gran Peña FC 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa -2-)
Fabril 3 (Nájera, Diego Gómez e Marc Lachèvre) - Silva SD 2
Atlético Arteixo 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Dani Barcia)
Fabril 3 (Martín Ochoa, Diego Gómez e Iván) - CD Choco 1
UD Ourense 2 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Iano Simão)
Fabril 0 - UD Somozas 1
Racing Villalbés 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Nájera, Iano Simão, Martín Ochoa e Diego Gómez) - CD Barco 1
Fabril 2 (Jesús Ares e Diego Gómez) - UD Paiosaco 0
Alondras CF 1 - Fabril 0
Arosa SC 0 - Fabril 0
Fabril 3 (Martín Ochoa, Dani Barcia e Iván) - CD Estradense 0
CSD Arzúa 0 - Fabril 1 (Martín Ochoa)
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0
Viveiro CF 1 - Fabril 1 (Martín Ochoa)
Fabril 2 (Martín Ochoa e Iano Simão) - Gran Peña FC 1
Silva SD 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - Atlético Arteixo 0
CD Choco 0 - Fabril 1 (Jesús Ares)
Fabril 1 (Mella) - UD Ourense 1
UD Somozas 0 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Mella)
Fabril 0 - Racing Villalbés 0
