RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Fabril - Estradense, choque destacado nos partidos de mañá sábado en #ANOSACANTEIRA

Mañá sábado 4 de febreiro está previsto un carrusel de partidos de #ANOSACANTEIRA en Abegondo.

O choque destacado é o do Fabril ante o CD Estradense, a partir das 16:15 (Youtube: RCDeportivo), correspondente á 19ª xornada en Terceira RFEF.

Os pupilos de Óscar Gilsanz defenderon con éxito (0-0) o liderado o pasado domingo no campo do Arosa SC, o seu inmediato perseguidor.

Causa baixa por sanción Iano Simao e regresa David Mella, que estivo varios meses con adestramento personalizado. Así pois, os xogadores convocados polo filial son os seguintes: Brais Suárez, Hugo Ríos, Currás, Marcel, Fito, Álex Pereira, Dani Barcia, Puerto, Brais Val, Rubén, Jairo, Barba, Marc, Nájera, Iván, Diego Gómez, Mella, Martín Ochoa, Iñaki, Davo e Jesús Ares.

Para mañá está activo o protocolo de apertura con control de accesos á Cidade Deportiva.

Así mesmo, mañá sábado xogan en Abegondo o Xuvenil B ante o ED Xuventude de Oroso (11:00) e o Cadete ante o CD Lérez (11:00); mentres que en O Monte farao o San Tirso SD Cadete fronte ao ED Val Miñor (12:30).

No equipo cadete deportivista, Pablo García Taboada estivo concentrado esta pasada semana coa selección española sub-15 con motivo dun dobre amigable ante Polonia, ambos no Estadio Guillermo Amor de Benidorm e resoltos con triunfo español: 3-0 o martes 31 e 4-1 o pasado xoves. No primeiro deles o canteirán branquiazul foi titular e onte, no segundo dos partidos, saltou ao céspede no minuto 65.

Na Coruña, ademais dos alevíns e benxamíns na Torre, o Orzán SD Cadete Feminino recibe ao SCD Milagrosa (16:15, Elviña Pequeno).

Compiten lonxe de casa o Orzán SD Xuvenil Feminino en Noia (12:00 no Anexo Julio Mato); o Infantil en Pontevedra ante o EF Portero 2000 (17:45, campo Manolo Barreiro 2); e o Orzán SD Infantil Feminino en Oleiros ante o AD Cristo Rey (18:30, campo de fútbol dos Regos).

Pola súa banda, o domingo hai dous partidos que sobresaen na xornada.

O Dépor ABANCA B, líder da liga Nacional, recibe en Abegondo (16:00) ao Real Oviedo B, 3º na táboa.

As deportivistas perderon a Paula Novo por lesión para o que resta de temporada, pero celebran a nova convocatoria de Elena Vázquez para a selección española sub-17 para disputar un amigable ante Estonia o vindeiro mércores 8 de febreiro ás 11:00 na Cidade do Fútbol das Rozas (Madrid). Con 15 anos e con ficha do Orzán SD Cadete de Liga Galega, Elena Vázquez é titular no Orzán SD Xuvenil Feminino de Primeira Autonómica (categoría sénior) e tamén goza de minutos no Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Nacional. O pasado día 12, Elena Vázquez tamén tivo minutos de xogo no último partido amigable da sub-17 feminina, resolto con goleada española fronte a Alemaña (4-0). A futbolista carballesa xa disputou en setembro de 2022 a Rolda 1 de clasificación para o Campionato de Europa da categoría, na que logrou o billete para a seguinte fase. Elena Vázquez concentrarase o luns 6 de febreiro co combinado nacional.

En Mareo, o Xuvenil A, 3º da División de Honra con 44 puntos, visita ao Sporting de Gijón, líder con 45. O choque arrincará ás 15:45. Á espera do que ocorra neste encontro está o RC Celta, 2º tamén con 44 puntos.

Completan a xornada dominical o partido en O Monte entre o San Tirso SD Infantil e o CD Areosa (12:00) e o da Grela 1 entre o Orzán SD Cadete B Feminino (20:00) ante o Torre SD, co que se porá o punto e final ao fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira RFEF
19ª xornada: FABRIL - CD ESTRADENSE, o sábado 4 de febreiro ás 16:15 en Abegondo
Clasificación: 1. Fabril, 36 puntos; 2. Arosa SC, 34 puntos; 3. Racing Villalbés, 29 puntos... 7. CD Estradense, 25 puntos...

Categoría feminina
18ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - REAL OVIEDO B, o domingo 5 de febreiro ás 16:00 en Abegondo
Clasificación da Primeira Nacional: 1. Deportivo ABANCA B, 47 puntos; 2. Sporting de Gijón, 42 puntos; 3. Real Oviedo B, Real Avilés CF, Victoria CF e Lóstrego CF, 33 puntos...

19ª xornada: CF NOIA - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o sábado 4 de febreiro ás 12:00 no Anexo Julio Mato
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Sárdoma CF B, 43 puntos; 2. CD Lugo, 42 puntos; 3. Bergantiños CF, 40 puntos; 4. Orzán SD Xuvenil Feminino, 38 puntos; 5. Victoria FC B, 33 puntos... 14. CF Noia, 13 puntos...

15ª xornada: ORZÁN SD CADETE B FEMININO - TORRE SD, o domingo 5 de febreiro ás 20:00 na Grela 1
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete B Feminino e Atlético San Pedro, 37 puntos; 3. Silva SD, 29 puntos... 8. Torre SD, 19 puntos...

15ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO - SCD MILAGROSA., o sábado 4 de febreiro ás 16:15 en Elviña Pequeno (A Coruña)
Clasificación da liga Galega cadete, subgrupo A: 1. Orzán SD Cadete Feminino, 36 puntos; 2. Colexio Obradoiro, 30 puntos... 7. SCD Milagrosa, 7 puntos...

13ª xornada: AD CRISTO REY - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO, o sábado 4 de febreiro ás 18:30 no campo de fútbol dos Regos (Oleiros)
Clasificación da liga Galega infantil, subgrupo A: 1. SCD Pastoriza, 30 puntos; 2. Orzán SD Infantil Feminino, 24 puntos; 3. UC Cee (un partido máis), 21 puntos; 4. SCD Milagrosa, 15 puntos; 5. Santa Cruz CF e AD Cristo Rey (un partido máis), 8 puntos...

Categoría xuvenil
19ª xornada: SPORTING DE GIJÓN - XUVENIL A, o domingo 5 de febreiro ás 15:45 en Mareo
Clasificación da División de Honra: 1. Sporting de Gijón, 45 puntos; 2. RC Celta e Xuvenil A, 44 puntos; 4. Real Racing Club, 34 puntos...

19ª xornada: XUVENIL B - ED XUVENTUDE DE OROSO, o sábado 4 de febreiro ás 11:00 en Abegondo
Clasificación da liga Nacional: ... 3. Pabellón Ourense CF, 35 puntos; 4. CD Choco, 34 puntos; 5. Xuvenil B, 33 puntos; 6. ED Val Miñor Nigrán, 32 puntos; 7. Racing de Ferrol, 30 puntos... 14. ED Xuventude de Oroso, 19 puntos...

Categoría cadete
21ª xornada: CADETE - AJ LÉREZ, o sábado 4 de febreiro ás 11:00 en Abegondo

21ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o sábado 4 de febreiro ás 12:30 en O Monte

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 58 puntos; 2. RC Celta, 52 puntos... 14. AJ Lérez, 23 puntos; 15. ED Val Miñor Nigrán e San Tirso SD Cadete, 21 puntos...

Categoría infantil
18ª xornada: EF PORTERO 2000 - INFANTIL, o sábado 4 de febreiro ás 17:45 no campo Manolo Barreiro 2 (Pontevedra)

18ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD AREOSA, o domingo 5 de febreiro ás 12:00 en O Monte

Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 48 puntos; 2. Infantil e ED Val Miñor Nigrán, 43 puntos; 4. Pabellón Ourense CF, 33 puntos... 9. CD Areosa, 22 puntos... 12. EF Portero 2000, 17 puntos; 13. San Tirso SD Infantil, 15 puntos...

Categoría alevín
11ª xornada: ALEVÍN A - OZA JUVENIL SD, o sábado 4 de febreiro ás 11:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º: 1. Alevín A, 30 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF, 25 puntos... 9. Oza Juvenil SD, 9 puntos...

11ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - SANTA CRUZ CF, o sábado 4 de febreiro ás 11:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Alevín, 28 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz, 24 puntos... 9. Santa Cruz CF, 4 puntos...

Categoría benxamín
11ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - BENXAMÍN A, o sábado 4 de febreiro ás 10:30 na Torre (campo 3.1)

11ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - CD CALASANZ, o sábado 4 de febreiro ás 13:30 na Torre (campo 3.1)

Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, 27 puntos; 2. Ural Español CF, 22 puntos; 3. CD Calasanz, 18 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF, 17 puntos; 5. Fabril FC Benxamín, 13 puntos...