RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril FC Alevín acaba 2022 cun bo triunfo ante o UD Carral con Álvaro Gómez de protagonista

O Fabril FC Alevín puxo punto e final ao ano 2022 cun sólido triunfo (7-0) ante o UD Carral, en partido adiantado á 7ª xornada no subgrupo 2º de Primeira A Coruña - As Mariñas posto que a próxima fin de semana, o equipo fabrilista disputará dous torneos amigables en Cataluña.

Álvaro Gómez foi o protagonista do partido xa que anotou 5 dos 7 goles do seu equipo. David Gómez e Hugo Pousa completaron o marcador.

Con este resultado, o equipo que dirixe Jorge Queijeiro é líder en solitario do subgrupo con 19 puntos.

Fabril FC Alevín: Roque Martínez, Jorge Fernández, Yoel Puñal, Brais Martínez, Hugo Macedo, Hugo Luaces, Iván Gil e Nacho Villanueva. Tamén xogaron: Iago Miranda, David Gómez e Hugo Pousa.

O seguinte partido en liga para o Fabril FC Alevín está previsto para o 15 de xaneiro de 2023 ante o San Tirso SD.

Os resultados até a data do Fabril FC Alevín son os seguintes:

Fabril FC Alevín 8 (David Gómez -3-, Hugo Macedo, Álvaro Gómez, Jorge Fernández, Iván Gil e Martín López) - Betanzos CF 0
Santa Cruz CF 0 - Fabril FC Alevín 10 (David Gómez -4-, Álvaro Gómez -2-, Hugo Macedo, Hugo Pousa, Hugo Luaces e Martín López)
Fabril FC Alevín 4 (David Gómez -2-, Hugo Macedo e Iván Gil) - Atlético Arteixo 2
Atlético San Pedro 0 - Fabril FC Alevín 4 (Iván Gil, Álvaro Gómez, Hugo Pousa e Hugo Macedo)
Fabril FC Alevín 2 (Álvaro Gómez e Nacho Villanueva) - UD Paiosaco H. Añón 0
Sada CF A 3 - Fabril FC Alevín 3 (Nacho Villanueva, Álvaro Gómez e Hugo Macedo)
Fabril FC Alevín 7 (Álvaro Gómez -5-, David Gómez e Hugo Pousa) - UD Carral 0