RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril FC Alevín clasifícase para a Fase de Ouro da Miranda Cup

Últimos días da temporada 2021-22 para #ANOSACANTEIRA. Desde onte, xoves 30, e até mañá, sábado 2 de xullo, o Fabril FC Alevín pecha a campaña cun último torneo, a Miranda Cup en Portugal.

Por outra banda, o Benxamín A clasificouse onte mércores para a final do Mini Teresa Herrera, que se xoga en ABANCA-RIAZOR como preámbulo do Trofeo Teresa Herrera feminino e masculino. O seu rival será o Ural Español CF.

Finalmente esta semana, #ANOSACANTEIRA, co Alevín A e Benxamín A, conseguiu dous ouros na XXX edición do Torneo Cidade da Coruña na Torre, organizado polo Orillamar SD.

O Fabril FC Alevín accede á Fase de Ouro da Miranda Cup

O Fabril FC Alevín pon o punto final á temporada 2021-22 para #ANOSACANTEIRA coa súa participación desde onte xoves 30 de xuño na Miranda Cup, torneo que se celebra na localidade lusa de Miranda do Corvo.

O conxunto fabrilista completou hoxe venres a primeira fase con triunfos ante o Fiães SC e GD Atouguiense.

Mañá sábado 2 de xullo, o Fabril FC Alevín xogará a Fase de Ouro, cos mellores equipos de cada un dos grupos.

O calendario de partidos do Fabril FC Alevín, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 30 de xuño
FABRIL FC ALEVÍN 14 (Thiago Montes -5-, Mario González -3-, Javi Barral -2-, Manu Alcázar -2-, Nico Torres e David) - CLUBE CONDEIXA 0

Venres 1 de xullo
FABRIL FC ALEVÍN 13 (Thiago Montes -4-, Javi Barral -3-, Manu Alcázar -2-, Hugo Caridade, Antón Vilariño, Daniel Alonso e Mario González) - FIÃES SC 0
FABRIL FC ALEVÍN 15 (Nico Torres -4-, Javi Barral -4-, Thiago Montes -3-, Mario González -2-, Sergio Infante e Manu Alcázar) GD ATOUGUIENSE 0

Sábado 2 de xullo
Fase de Ouro
11:15: FABRIL FC ALEVÍN - ACADÉMICA DE COIMBRA

O Benxamín A, finalista do Mini Teresa Herrera

O Benxamín A derrotou (7-0) ao Orillamar SD e clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera, partido que se xoga no Estadio ABANCA-RIAZOR como preámbulo ás finais feminina e masculina. O seu rival será o Ural Español CF.

Nos cuartos de final, o pasado martes, o Benxamín A impúxose (7-0) ao CD Calasanz e o luns, o Fabril FC Benxamín caeu (5-0) ante o Ural Español CF.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Cuartos de final
URAL ESPAÑOL CF 5 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
BENXAMÍN A 7 (Hugo Macedo -2-, Hugo Pousa -2-, Iván Gil, Martín López e David Gómez) - CD CALASANZ 0

Semifinal
BENXAMÍN A 7 (Hugo Macedo -2-, David Gómez -2-, Hugo Pousa, Martín López e Iván Gil) - ORILLAMAR SD 0

Final
BENXAMÍN A - URAL ESPAÑOL CF, en ABANCA-RIAZOR

Alevín A e Benxamín A gañaron o Trofeo Cidade da Coruña

Dous equipos, Benxamín A e Alevín A, participaron esta semana na XXX edición do Torneo Internacional Cidade da Coruña que organiza o Orillamar SD nos campos da Torre.

O martes 28 entrou en xogo o Alevín A, que tivo como rivais iniciais no grupo A de a Primeira Fase ao Silva SD, Sporting Cambre e Orillamar SD C. Despois de quedar campións de grupo, os branquiazuis superaron ao UD Almeiras (cuartos de final), Sporting Coruñés SD (semifinais) e ED Xuventude de Oroso (final).

O deportivista Gabri Abruñedo foi elixido o mellor xogador do trofeo nesta categoría.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Primeira Fase
ALEVÍN A 6 (Iago Lameiro -2-, Gabri -2- e Raúl) - SILVA SD 0
ALEVÍN A 12 (Raúl -4-, Martín Forján -2-, Guille -2-, Pablo Somoza, Iago Lameiro, Antón e Gabri) - ORILLAMAR SD C 0
ALEVÍN A 4 (Antón, José Quiroga, Guille e Raúl) - SPORTING CAMBRE 0

Cuartos de final
ALEVÍN A 2 (Martín Forján e Antón) - UD ALMEIRAS 0

Semifinal
ALEVÍN A 5 (Raúl -2-, Martín Forján -2- e Iago Lameiro) - SPORTING CORUÑÉS SD 0

Final
ALEVÍN A 5 (Gabri -3-, Pablo Somoza e Raúl) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0

O luns 27 de xuño a quenda foi para o Benxamín A, que quedou encadrado no grupo D da Primeira Fase co UD Carral, Sporting Coruñés SD e Orillamar SD C.

Os branquiazuis dominaron o torneo. Após quedar campións do seu grupo, venceron ao Galicia Caranza (cuartos de final), ED Luis Calvo Sanz (semifinais) e Victoria CF (final).

O deportivista Nacho Villanueva foi elixido mellor xogador.

Os resultados do Benxamín A foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN A 10 (Nacho Villanueva -5-, David Gómez-2-, Iván Gil -2- e Hugo Pousa) - UD CARRAL 0
BENXAMÍN A 8 (David Gómez -2-, Brais Martínez-2-, Hugo Macedo -2-, Hugo Pousa e Nacho Villanueva) - ORILLAMAR SD C 0
BENXAMÍN A 9 (Nacho Villanueva -3-, Brais Martínez -2-, Hugo Pousa -2-, Jorge Fernández e David Gómez) - SPORTING CORUÑÉS SD 0

Cuartos de final
BENXAMÍN A 6 (David Gómez -2-, Hugo Macedo, Nacho Villanueva, Iván Gil e Martín López) - GALICIA DE CARANZA 1

Semifinal
BENXAMÍN A 5 (David Gómez -2-, Nacho Villanueva -2- e Iván Gil) - ED LUÍS CALVO SANZ 1

Final
BENXAMÍN A 4 (Martín López, Hugo Macedo, Iván Gil e Nacho Villanueva) - VICTORIA CF 1