RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril FC Benxamín estréase en liga cunha plácida vitoria

O Fabril FC Benxamín debutou na Primeira Autonómica A Coruña, grupo C, cunha cómoda vitoria (1-11) ante o CF Deportivo Orzán A.

Jorge -3-, Dani -3-, Javi -2-, Álvaro -2- e Martín foron os goleadores fabrilistas deste partido correspondente á 2ª xornada, posto que na 1ª tocou descanso para o Fabril FC Benxamín.

A competición é de liga a dobre volta con estes outros rivais: CD Calasanz A, Victoria CF B e Orillamar SD A.

Fabril FC Benxamín: Roi, Joel, Dani, Javi, Iván, David, Álvaro e Hugo. Tamén xogaron: Roque, Jorge, David e Martín.

O Orillamar SD A, a próxima fin de semana, será o seguinte rival do equipo dirixido por Jacobo Saco e Alberto Bonigno.