O Fabril venceu (0-3) á UP Langreo no Estadio Nuevo Ganzábal en partido correspondente á 23ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.
Con este resultado, o filial suma 33 puntos e sitúase nos postos altos da clasificación; a falta ademais do partido no Estadio Vero Boquete de San Lázaro ante a SD Compostela que se xogará o mércores 19 de marzo ás 20:30 horas.
Manuel Pablo contou coas baixas por lesión para este partido de Álex Pereira, Aarón, Kike Fernández, Luisao e a de longa duración de Noé.
O choque no Nuevo Ganzábal cambiou de rumbo aos 11 minutos cando o colexiado castelán-leonés Manso Rojas expulsou con vermella directa a Joselu Guerra por unha entrada a Garrido, que tivo que ser substituído no minuto 33 por Carreira.
Con superioridade numérica, os fabrilistas apropiáronse da pelota aínda que sen excesiva claridade ante a poboada defensa da UP Langreo.
No entanto, Carreira adiantou ao Fabril na recta final do primeiro tempo. O centrocampista coruñés recolle na frontal da área un balón desviado pola defensa asturiana e bate a Adrián Torre.
Manu Ferreiro encarrilou o encontro no minuto 44 ao disparar cruzado á rede entre as protestas da bancada, por considerar fóra de xogo a posición do canteirán branquiazul.
Con dúas poutadas os de Manuel Pablo derrubaron a muralla defensiva que tentou expor o conxunto asturiano.
Após o paso polos vestiarios, a primeira oportunidade foi para Juan López, que puxo en aprietos a Alberto nun saque de falta.
Cando os asturianos trataban de achegarse á meta deportivista, Fabi sentenciou o encontro no minuto 63 ao aproveitar unha gran asistencia de Alfaro.
A pesar do resultado, tentou a UP Langreo pór en apertos a portería de Alberto. Así, Orviz puido lograr o gol da honra no minuto 64.
Manuel Pablo move o banco coa entrada de Pablo García e Darío Germil por Bil e Fabi.
Os últimos minutos foron de empuxe local para marcar polo menos un gol ante un Fabril que esperaba unha contra para aumentar a súa renda, posto que o choque estaba sentenciado.
O vindeiro sábado 22 de febreiro o Fabril recibe en Abegondo ao CD Marino de Luanco.
UP Langreo: Adrián Torre, Sergio Ordóñez (Pablo Álvarez, min. 46), David Fernández (Bryan Reyes, min. 79), Liam, Enol Rodríguez, Joselu Guerra, Juan López (Lucas Suárez, min. 63), Sergio Dacal, Omar Álvarez (Guille Cueto, min. 46), Iván Breñé e Pablo Ares (Orviz, min. 14)
Fabril: Alberto, Mardones, Damián Canedo, Marotías, Íker Vidal (Mane, min. 75), Jaime Garrido (Carreira, min. 33), Alfaro, Manu Ferreiro, Guerrero, Fabi (Pablo García, min. 65) e Bil (Darío Germil, min. 65)
Árbitro: Ángel Manso Rojas, do comité castelán-leonés. Amoestou a Juan López (min. 16), Íker Vidal (min. 50), Lucas Suárez (min. 78), Iván Breñé (min. 80) e Pablo Álvarez (min. 90). Expulsou con vermella directa a Joselu Guerra (min. 11).
Goles: 0-1 Carreira (min. 38); 0-2 Manu Ferreiro (min. 44); 0-3 Fabi (min. 63)
Incidencias: Partido correspondente á 23ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación disputado no Estadio Nuevo Ganzábal