RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril quere mañá sábado en Langreo "quitarnos esa serie negativa que temos fóra"

O Fabril rende visita mañá sábado 15 de febreiro (18:00) á UP Langreo no Estadio Nuevo Ganzábal en partido correspondente á 23ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.

Os resultados da última xornada, coa derrota en Abegondo ante o líder CD Numancia, deixou ao filial en 8ª posición con 30 puntos e un partido menos, o que disputará ante a SD Compostela no Estadio Vero Boquete de San Lázaro o vindeiro mércores 19 de marzo ás 20:30 horas.

Manuel Pablo, técnico fabrilista, pide non alarmarse polo partido ante os sorianos que "nos custou ao principio e despois creo que non houbo tanta diferenza".

Respecto da última xornada, asegura que "non recuperamos a ninguén. Están Álex Pereira e Aarón fóra, Luisao, Kike Fernández e Noé, que é para toda a temporada".

Busca en Langreo "quitarnos esa serie negativa que temos fóra. Estamos a competir ben, sempre estamos dentro do partidos pero eses detalles prexudícannos"; e "demostrar que crecemos en competitividade e sacar adiante partidos igualados".

Pola súa banda, o conxunto asturiano, que a pasada fin de semana perdeu (2-1) en Pontevedra, é 7º con 31 puntos.

Na primeira volta disputada enbre ambos os equipos o 6 de outubro en Abegondo (6ª xornada) houbo empate a un gol. Alfaro adiantou aos branquiazuis no minuto 78 e empatou o UP Langreo de falta no último minuto do desconto.

No Nuevo Ganzábal esta campaña, o UP Langreo gañou á RS Gimnástica de Torrelavega (4-2), Marino de Luanco (2-1), Salamanca CF UDS (3-1) e SD Compostela (2-1); empatou co Real Valladolid Promesas (1-1); e perdeu co Pontevedra CF (0-2), Rayo Cantabria (0-2), Real Avilés Industrial (0-2), Bergantiños CF (1-4) e Real Ávila CF (0-1).

Pablo Acebal, técnico do cadro astur, opina do Fabril que "é, dos filiais da categoría, o que mellor fútbol practica. Danlle continuidade ao que antes facían con Óscar. Agora ségueno facendo con Manuel Pablo. Teñen unha identidade moi definida e non se preocupan dos rivais porque pon o foco máis neles".

Desta forma, asegura que "non varía a súa forma de xogar en función dun rival ou outro. Así que esperamos un Fabril que veña a facer o seu xogo, a tentar ser protagonista e cando tes enfronte a un equipo que quere ter o balón, a mellor forma de defender é quitarlles o balón".

E o futbolista Lucas Suárez opina que o Fabril é "un rival complicado porque ten xente nova que quere demostrar para chegar ao primeiro equipo".