RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril reencóntrase cun épico triunfo ante o Real Madrid Castilla

O Fabril reencontrouse a si mesmo esta tarde en Abegondo ante o Real Madrid Castilla. E xusto no peor momento, con 1-3 no minuto 56, ante un rival que marcha 4º, en play off de ascenso, e que se vía xa co triunfo no peto.

Os trasgos do fútbol esta vez non deron as costas ao Fabril, tal e como sucedera quizais noutros partidos nesta mesma liga.

O equipo branquiazul sacou forzas, coraxe e bo fútbol para, en apenas 15 minutos, darlle a volta ao partido até o 4-3 definitivo e lograr unha vitoria que supoñen máis que 3 puntos, pola forma na que se produciu.

Ao descanso chegouse con 1-2 no marcador, cun Real Madrid Castilla empuxando constantemente á meta defendida por Pedro López.

Após o paso polos vestiarios, de novo golpearon os brancos co 1-3 que parecía deixalo todo visto para sentenza. A partir de aí, o Fabril obrou un milagre que pode supor un punto de inflexión na liga.

Víctor, en dúas ocasións, unha delas no desconto; May e Uxío foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este marcador, o Fabril suma 12 puntos e, aínda que segue en zona de perigo, recibe un empurrón anímico para a longa traxectoria que queda por diante.

Fabril: Pedro López, Blas, Lucas, Quique Fornos, One, Carlos López, Víctor, Gandoy, Pedro, Montiel e Juanje. Tamén xogaron: May, Iago Novo e Uxío.

A próxima fin de semana, a Fabril visita ao Unionistas de Salamanca CF.

Así marcha a temporada do Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - Celta B 1
Fuenlabrada 1 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Ponferradina 2
Burgos 2 - Fabril 1 (Raúl González)
Fabril 1 (Quique Fornos) - CF Salmantino 0
Guijuelo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Juanje e Montiel) - AD Unión Adarve 3
Fabril 0 - UD San Sebastián de los Reyes 1
Coruxo FC 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Uxío e Gandoy) - Rápido de Bouzas 1
Pontevedra CF 2 - Fabril 2 (Montiel e Villares)
Fabril 1 (Quique Fornos) - Las Palmas Atlético 1
Atlético de Madrid B 3 - Fabril 0
Fabril 4 (Víctor -2-, May e Uxío) - Real Madrid Castilla 3