RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril reforza o seu medio do campo coa chegada de Carlos López

- Foto: www.cdcastellon.com -

Carlos José López García (1 de xaneiro de 1995, Onda - Castellón) reforzará o centro do campo do Fabril.

Este mediocentro, que xogou a primeira parte da tempada (un total de 13 partidos) no Hospitalet de Segunda División B, firma polo que resta de campaña, con opción a prolongar o seu contrato.

Carlos López formouse nas categorías inferiores do CD Castellón, e chegou a militar no primeiro equipo castellonenco.

Cesións de dous fabrilistas

Pola súa banda, o Club decidiu que dous canteiráns continúen a súa proxección lonxe de Abegondo no que resta de tempada.

Así, Hugo Díaz márchase cedido ao Silva; mentres que Alberto Leira xogará os próximos meses no Racing Vilalbés.