RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Fabril retoma os adestramentos mañá mércores nunha semana con cita amigable para Alevín A, Fabril FC Alevín e Fabril FC Benxamín

O Fabril (na foto da noticia) pon mañá mércores 27 de xaneiro punto e final ás súas vacacións do Nadal. 

Óscar Gilsanz citou ao seu cadro na Cidade Deportiva ás 18:00 para comezar a preparar a primeira cita do ano 2024, en Abegondo ante o Real Oviedo Vetusta o domingo 7 de xaneiro ás 18:00 (Youtube RC Deportivo e TVG-2).

Os fabrilistas son décimo terceiros na clasificación do grupo 1º de Segunda Federación con 17 puntos.

Ademáis sta semana haberá cita amigable para tres equipos de #ANOSACANTEIRA.

Alevín A e Fabril FC Alevín participan mañá mércores no campo coruñés da Grela na XVI edición do Torneo de Nadal que organiza o Ural Español CF.

En Vigo o venres 29 tamén o Alevín A xoga VI edición do Torneo de Nadal de Vigo, competición que se disputa no campo de Pahíño en Navia.

Pecha a semana o Fabril FC Benxamín que, dividido en dous equipos, compite o sábado 30 no X Torneo Indoor Arousa Fútbol 7, no complexo da Senra (Ribadumia).

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría alevín
XVI Torneo de Nadal do Ural Español CF no campo da Grela (A Coruña)
Mércores 27 de decembro
Primeira Fase
9:00: ALEVÍN A - CD CALASANZ
10:40: ALEVÍN A - RACING DE FERROL
12:20: ALEVÍN A - ED LUIS CALVO SANZ
Os dous primeiros de cada grupo acceden a cuartos de final e o 3º a unha Fase de Consolación, acto seguido

VIN Torneo Internacional do Nadal Concello de Vigo no campo Pahíno (Navia)
Venres 29 de decembro
Primeira Fase
9:30: ALEVÍN A - EQUIPO FINALISTA TORNEO NADAL DE VIGO (campo 2)
10:50: ALEVÍN A - FC PORTO (campo 2)
12:10: ALEVÍN A - AD LOUSADA (campo 2)
Segundo clasificación, os equipos pasarán á Fase Final, que se xoga a continuación

XVI Torneo de Nadal do Ural Español CF no campo da Grela (A Coruña)
Mércores 27 de decembro
Primeira Fase
9:00: URAL ESPAÑOL CF B - FABRIL FC ALEVÍN
11:30: FABRIL FC ALEVÍN - EF LALÍN
12:45: FABRIL FC ALEVÍN - PABELLÓN OURENSE CF
Os dous primeiros de cada grupo acceden a cuartos de final e o 3º a unha Fase de Consolación, acto seguido

Categoría benxamín
X Torneo Indoor Arousa Fútbol 7 na Senra (Ribadumia)
Sábado 30 de decembro
Primeira Fase
10:28: VILAGARCÍA SD B - FABRIL FC BENXAMÍN A
11:12: FABRIL FC BENXAMÍN B - CIRE MELIDE
13:46: FABRIL FC BENXAMÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO
15:15: FABRIL FC BENXAMÍN B - UD SANTA MARIÑA
17:27: FABRIL FC BENXAMÍN A - RC CELTA B
18:33: ALTO DO VENTO FS - FABRIL FC BENXAMÍN B
Os dous primeiros de cada grupo pasarán a cuartos de final, que arrincan a continuación