RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril sentenza o seu partido ante o CD Laredo con 3 goles nos primeiros 12 minutos da segunda metade

O Fabril, en horario pouco habitual, impúxose (3-0) en Abegondo ao CD Laredo nun partido que quedou sentenciado nos primeiros 12 minutos da segunda metade, tramo no que chegaron os 3 tanta obra de Guerrero -2- e Kevin Sánchez.

Con este resultado, o filial suma 25 puntos e achégase á zona alta da Segunda Federación e cun partido menos xogado. 

Causaron baixa por lesión Quique Teijo, Noé e Pablo García, que por este motivo non puido acudir esta semana á concentración da selección española sub-17 para disputar dous amigables ante Xapón en Alfaz deñl Pi (Alacante).

Pola súa banda, o CD Laredo, que a fin de semana pasada perdeu (0-3) co Pontevedra CF, presentábase en Abegondo como pechacancelas da categoría con 7 puntos.

A primeira ocasión do partido foi para Fabi, pero a súa volea non chegou a coller portería.

Mardones, o propio Fabi e Guerrero tamén dispuxeron de claras opcións de abrir o marcador. O porteiro Óscar Santiago foi o mellor xogador do equipo visitante, que só inquietou a Alberto nunha xogada protagonizada por Vassilakis.

As chegadas do Fabril eran constantes ante un rival que se defendía sobre todo por acumulación de defensas.

Ao descanso chegouse sen goles a pesar das claras ocasións deportivistas.

Foi nos primeiros 12 minutos da continuación cando o Fabril sentenciou o partido.

Ao minuto, Luisao mete un gran pase a Guerrero que se marcha por velocidade do central e encara a Óscar Santiago. O seu primeiro remate sácao o porteiro cántabro pero o rexeite cae de novo ao fabrilista que marca a pesar de que o balón toca nun defensor baixo a raia.

Pouco despois, no 53, Kevin Sánchez, que viña de marcar 2 goles no Helmántico, anota a pracer o segundo cunha asistencia de Guerrero, que se volve a marchar de velocidade da zaga do CD Laredo.

O terceiro, no 58, foi obra de novo de Guerrero, que recibe de Luisao e define con calidade no man a man con Óscar Santiago.

Con dous partidos a próxima semana, Manuel Pablo introduciu os 5 cambios para dar descanso aos seus futbolistas.

O partido baixou de ritmo, iso si, co xogo sempre controlado polos branquiazuis.

Con este marcador chegouse ao pitido final.

Este mércores 18 de decembro, a Fabril visita ás 20:00 horas ao Bergantiños CF nas Eiroas en partido correspondente á 13ª xornada que foi aprazado o pasado mes de novembro polo temporal.

Fabril: Alberto, Mardones, Aarón, Marotías (Álex Pereira, min. 77), Damián Canedo (Íker Vidal, min. 70), Alfaro, Kike Fernández (Jaime Garrido, min. 63), Guerrero, Fabi, Luisao (Hugo Villaverde, min. 63) e Kevin Sánchez (Bil, min. 63)

CD Laredo: Óscar Santiago, Carles Marcos (Isuardi, min. 56), Íker Torre (Óscar Maza, min. 56), Andrés Carral, Diego Marta (Oliver, min. 68), Sanmi, Héctor Tirado, Miguel Pena (Arriola, min. 56), Dani Ojeda, Vassilakis (Marcelo Laviada, min. 77) e Antonio Poo

Árbitro: Jon Andrade del Olmo, do comité vasco. Amoestou a Iván Argos (min. 10), Carles Marcos (min. 12), Guerrero (min. 34), Damián Canedo (min. 48), Dani Ojeda (min. 58), Diego Marta (min. 64) e Sanmi (min. 74)

Goles: 1-0 Guerrero (min. 46); 2-0 Kevin Sánchez (min. 52); 3-0 Guerrero (min. 58)

Incidencias: partido correspondente á 16ª xornada disputada en Abegondo nunha mañá asollada pero fría