RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril supera ao Real Madrid Castilla a base de golazos

Tres bos tantos do Fabril (especialmente o primeiro de falta directa de Borja Galán e o terceiro de disparo colocado de Óscar Pinchi) serviron para superar en Abegondo (3-0) ao Real Madrid Castilla, nun partido que quedou visto para sentenza ao cuarto de hora.

O cadro merengue apenas tivo capacidade de reacción ante o bo xogo fabrilista, a pesar mesmo de que o Fabril quedou con 10 futbolistas á media hora de partido por expulsión do mediocentro branquiazul Carlos López, por dobre cartón amarelo.

Con este resultado, o Fabril é sétimo na clasificación do grupo 1º de Segunda División B con 7 puntos, a 3 puntos do liderado, agora mesmo en mans do San Sebastián de los Reyes.

Fabril: Francis, Blas, Quique Fornos, One, Diego Caballo, Edu Expósito, Óscar, Carlos López, Uxío, Bicho e Borja Galán. Tamén xogaron: Gaizka, Queijeiro e Romay.

A próxima fin de semana, o filial deportivista renderá visita ao Rayo Majadahonda.

Os resultados ata a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0