RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril termina 2020 cun triunfo sobre o Viveiro CF

O Fabril puxo esta tarde o punto e final ao ano 2020 cun triunfo (3-0) ante o Viveiro CF, en partido correspondente á 11ª xornada no subgrupo A de Terceira División.

Adri Castro, que sumou o seu terceiro partido consecutivo marcando; e Rayco, en dúas ocasións, foron os autores dos goles fabrilistas, todos eles na primeira metade.

Tralo descanso, o Fabril baixou o seu rendemento pero amarrou ben a portería e non permitiu que o Viveiro CF metésese no partido cun gol.

Con este resultado, o filial deportivista é terceiro na táboa con 18 puntos.

Fabril: Alberto, Trilli, David Suárez, Yuste, Guille Bueno, Barba, Villares, Sarmiento, Javi Sánchez, Adri Castro e Rayco. Tamén xogaron: Guedes, Peke, Juan Cambón, Pescador e Prendes.

O Fabril márchase de vacacións de Nadal. Juan Carlos Valerón citou ao seu cadro de novo o sábado 2 de xaneiro en Abegondo para comezar os adestramentos.

A próxima cita ligueira, primeira da segunda volta, será o 10 de xaneiro coa visita do UD Somozas a Abegondo.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

UD Somozas 0 - Fabril 0
Fabril 5 (Rayco, Manu Mosquera -2-, Sarmiento e David Suárez) - UD Paiosaco H. Añón 0
Silva SD 1 - Fabril 1 (Iván Guerrero)
Fabril 0 - CSD Arzúa 1
Racing Villalbés 3 - Fabril 3 (Rayco, Villares e Juan Cambón)
Fabril 2 (Villares e Boedo) - CD As Pontes 0
Bergantiños FC 2 - Fabril 1 (Boedo)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - Polvorín FC 4
Fabril 3 (Adri Castro, Barba e Yuste) - Agrupación Estudantil 1
SD Fisterra 1 - Fabril 2 (Adri Castro e Javi Sánchez)
Fabril 3 (Adri Castro e Rayco -2-) - Viveiro CF 0