RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril visita mañá ao Racing Villalbés en partido aprazado correspondente á 18ª xornada

O Fabril visita mañá mércores 16 de febreiro (16:30) ao Racing Villalbés no campo da Magdalena en partido correspondente á 18ª xornada que foi aprazado no seu día por COVID.

Óscar Gilsanz, ex técnico do cadro lucense, citou para o encontro aos seguintes futbolistas: Alberto, Brais Suárez, Iván Guerrero, José Currás, Juan Rodríguez, David Suárez, Dani Barcia, Iano Simão, Mario, Brais Val, Fabio, Barba, Víctor, Runy, Nájera, Sanmartín, Juan Cambón e Davo.

O filial deportivista, que chega ao partido despois de caer en Abegondo o pasado domingo ante o Ourense CF (0-1), marcha na sexta posición da táboa con 31 puntos, a 2 puntos dos postos de promoción que pechan o CD Barco e o Rápido de Bouzas con 33 puntos pero ambos cun partido menos que o Fabril.