RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Fútbol español, conmocionado pola lesión de Valerón

O fútbol español mostrou hoxe o seu apoio unánime ao deportivista Juan Carlos Valerón. Así, Presidentes e xogadores dos clubs máis importantes da liga (Real Madrid, Barcelona, Celta, Valencia, Mallorca...) xa mostraron vía fax ou telefónica a súa solid

Tamén afeccionados de toda España dirixíronse por correo electrónico ao Deportivo para demostrarlle a Juan Carlos Valerón que é un ídolo para calquera afeccionado ao bo fútbol, demostrando o que dixo Caparrós en rolda de prensa esta mañá en Abegondo: "O fútbol español perdeu a un gran xogador esta tempada"..
Desde hoxe mesmo, hai aberto en Canaldeportivo.com un foro especial de mensaxes de apoio ao centrocampista do Dépor e que serán entregados persoalmente a Valerón.