
DÉPOR · 28 XUÑO 2025
HUGO RAMA CONCLÚE A SÚA ETAPA NO RC DEPORTIVO
Hugo Rama conclúe a súa etapa no RC Deportivo despois de dúas temporadas nas que contribuíu ao ascenso do primeiro equipo masculino ao fútbol profesional, un logro que el mesmo cualificou como "cumprir un soño". Ademais, foi parte fundamental na conquista do título de campión da Primera RFEF e na permanencia en LaLigaHypermotion.O futbolista de Sigüeiro sempre presumiu de deportivismo: "Cada vez que saio ao campo é estar coa camiseta que sempre desexei xogar"; e confesou que "nunca fora tan feliz no día a día e facelo en casa é moito mellor".O RC Deportivo quere transmitirlle o seu agradecemento polo seu compromiso, dedicación e profesionalidade, valores que o converteron nun dos futbolistas máis queridos polos seus compañeiros, polos técnicos, polos empregados do Club e por #ANOSAFORZA.

Segunda semana de pretemporada para Os Nosos e primeiro amiga...

Lucía Pardo, talento ofensivo para o Dépor ABANCA

Este luns 13 de xullo, primeiro día para o Fabril 2026-27 no ...

O Dépor ABANCA inicia a pretemporada este luns 13 coas probas...

ANOSACANTEIRA xa coñece as datas de inicio das competicións d...

Partido once contra once para pechar a primeira semana de pre...