#ANOSACANTEIRA compite esta fin de semana en Arnedo (A Rioxa), Narón, Silleda e Redon (Francia).
O Infantil A abre o lume, coa disputa desde hoxe venres 7 do Torneo Internacional de Fútbol Arnedo Cidade do Calzado na citada localidade rioxana.
O conxunto deportivista clasificouse para cuartos de final, mañá sábado ante o Terrasa, despois de acabar como líder do seu grupo na Primeira Fase.
O Infantil B representará ao Dépor na Rothon Cup 2018 que se xoga na localidade de Redon, na Bretaña francesa. O equipo branquiazul quedou encadrado na Primeira Fase no grupo 1, co FC Nantes, EA Guingamp, FC Lorient, Stade Lavallois, AS Nancy, Stade de Reims e Montpellier HSC.
O Alevín A participa na 5º edición do Torneo Narón O Freixo. Terá como rivais iniciais ao Rápido de Bouzas, Atlético Coruña Montañeros CF, Narón Freixo A e UD Ourense. A duración dos partidos será de 20 minutos salvo a final, que se xogará en 2 tempos de 15 minutos cada un.
Ademais, Alevín B e Benxamín A competirán na 7ª edición do Torneo EF Silleda, Memorial Ramón Barcala, que terá como escenario o campo municipal do Outeiriño en Silleda. O Alevín B xogará o domingo 9 e os benxamíns, o sábado 8.
A semana de amigables abriuna o pasado luns o Cadete B, que empatou (2-2) ante o Bergantiños B, con Matos e Trigo como goleadores branquiazuis.
Finalmente, o Deportivo ABANCA B tivo o pasado mércores 5 de setembro o seu último test estival antes de arrincar a Primeira Autonómica feminina este domingo en Antas de Ulla. O sparring foi o Milagrosa, equipo da súa mesma categoría, no campo de herba artificial de Abegondo.
O resultado (5-1) favorable ás deportivistas demostra que as xogadoras de Kevin Cabado chegan en plena forma. María Calvo foi a protagonista do choque con 4 dianas. Sara Piñeiro redondeou o marcador.
O calendario de amigables, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
Xogado o pasado mércores: DEPORTIVO ABANCA B 5 (María Calvo -4- e Sara Piñeiro) - MILAGROSA 1
Categoría cadete
Xogado o pasado luns: CADETE B 2 (Matos e Trigo) - BERGANTIÑOS B 2
Categoría infantil
XXIV Torneo Arnedo Cidade do Calzado en Arnedo (A Rioxa)
Primeira Fase (no campo de herba artificial de Carreiro)
Venres 7 de setembro
INFANTIL A 0 - REAL SOCIEDAD 0. Por penaltis: 3-2
INFANTIL A 0 - LEVANTE 0. Por penaltis: 3-2
ESPANYOL 0 - INFANTIL A 1 (Gabri)
Sábado 8 de setembro
Cuartos de final
09:30: INFANTIL A - TERRASA
Rothon Cup 2018 en Redon (Francia)
Primeira Fase
Sábado 8 de setembro
11:00: INFANTIL B - MONTPELLIER HSC (campo 4)
12:40: STADE DE REIMS - INFANTIL B (campo 1)
14:20: FC LORIENT - INFANTIL B (campo 1)
16:00: AS NANCY - INFANTIL B (campo 1)
17:40: INFANTIL B - STADE LAVALLOIS (campo 3)
Domingo 9 de setembro
9:00: INFANTIL B - EA GUINGAMP (campo 1)
10:40: FC NANTES - INFANTIL B (campo 1)
Os 2 primeiros clasificados pasan a semifinais, que se xogan a partir das 12:40. O resto de equipos, segundo clasificación, disputarán unha Fase de Consolación para dilucidar a súa posición final.
Categoría alevín
V Torneo Narón O Freixo no Estadio de Río Seco (Narón)
Sábado 8 de setembro
Primeira Fase (campo 1)
09:50: ALEVÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS
11:30: ALEVÍN A - UD OURENSE
13:10: ALEVÍN A - NARÓN FREIXO A
14:50: ALEVÍN A - RÁPIDO DE BOUZAS
Todos os equipos pasan á Fase Final, que arrincará ás 17:20 en formato de eliminatoria.
VII Torneo EF Silleda, Memorial Ramón Barcala, no campo de Outeiriño (Silleda)
Domingo 9 de setembro
Primeira Fase (campo 1)
11:00: ALEVÍN B - ESCOLA ESTRADA FB
12:20: ALEVÍN B - ATLÉTICO FÁTIMA
13:40: ATLÉTICO CUNTIS - ALEVÍN B
Os dous primeiros clasificados pelexarán polo título, nunha Fase Final por eliminatorias que, desde cuartos de final, comeza ás 16:40. Pola súa banda, o terceiro e cuarto de grupo xogan unha Fase de Consolación, que arrinca ás 16:00 horas.
Categoría benxamín
VII Torneo EF Silleda, Memorial Ramón Barcala, no campo de Outeiriño (Silleda)
Sábado 8 de setembro
Primeira Fase
11:00: BENXAMÍN A - UD OURENSE (campo 2)
12:20: EFM BOIRO - BENXAMÍN A (campo 1)
13:40: BENXAMÍN A - SD TOURO (campo 2)
Os dous primeiros clasificados pelexarán polo título, nunha Fase Final por eliminatorias que, desde cuartos de final, comeza ás 16:40. Pola súa banda, o terceiro e cuarto de grupo xogan unha Fase de Consolación, que arrinca ás 16:00 horas.



